Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
La calle ocupada
ARTE ET ALIA
Dacabalo da hiperactiva DodoDadá, recunca Manuel Martí Figueiras (n.1961). A galería cumpriu tres anos a comezos do pasado marzo con pegada no entorno e na república das artes e letras, pois engade presentacións de libros e clases personalizadas de artista. Manolo que estivo nos inicios co Cirque du Figuier, trae agora Heroes de refugallo, colaxe escultórico máis aló do aspecto material. Hai nela esa expresión algo tosca da que fai gala o artista, á que adoita engadirlle pegadas da historia da arte, para unha segunda capa de lectura. Así a peza central, Quiricón de Siracusa, porta no escudo a reprodución dun cadro de Giorgio de Chirico, do movemento metafísico, de onde o sobrenome do persoeiro. Engade tamén escollidas pinturas, caso do artista esculpindo, concentrado en soidade no taller. Máis simbólica paréceme a da entrada, casas das que sae lume e fume cara o ceo, cunha ave (corvo?).
Mais o verdor dunhas árbores e o agromar das follas da brutalmente tronzada, lémbrame a esperanza, tal a de Buciños para Alexandre Bóveda (1901/ agosto 1936). A carón, Teucronio (de Teucro, troiano) de Andrade, campión das frechas. Smith o trampuceiro leva o nome de Donatello, escultor renacentista florentino, de pequeno de corpo. Gamellón -pía para pisar uvas- Tacca, con apelido idéntico ao escultor das estatuas ecuestres dos reises Filipe III e Filipe IV, sosténdose esta no rabo e patas traseiras namentres brinca coas dianteiras, polo que é a do balancín, que ten o seu aquel. Considerou facer Figueiras para mellor entender a idea da mostra un texto-ensaio histórico da estatuaria ecuestre, con excursos xustificativos e lista das obras. Entre elas, Mololo Fogueiras señor de ningures, ironía autobiográfica. A exposición así é unha alegoría dende o desfrute.
Mais hai secasí un rexistro cultural premium. Así co cine: o alias de Percival Pérez sae dos cabaleiros da táboa cadrada e os seus tolos seguidores, película satírica dos Monty Python; e Morticio do Xen dende Morticia da Familia Addams, a muller de Gómez... Calimero de Sabucedo da serie de televisión dos setenta, sendo dos setenta Matzinguerolo Baltareiro, velocísimo xinete, o Matzinguer Z tomado do manga de Go Nagai, con retranca de seu. A historia -Carriarico e Remismundo, ou Chindasvinto, reises dos Suevos e Visigodos, respectivamente-; e Décimo Abilio Bruto, inspirado en Décimo Junio Bruto, xeneral da república romana co sobrenome Gallaicus, o das campañas militares da Lusitania que segue ao N. do Douro e, logo de vencer a maldición, atravesa o Lima/Limia, chegando até o Miño.
Décimo Junio Bruto, xeneral da república romana co sobrenome Gallaicus, o das campañas militares da Lusitania que segue ao N. do Douro e, logo de vencer a maldición, atravesa o Lima/Limia, chegando até o Miño.
E Torreiro alcalde de Tambo, ten por nome o do derradeiro bispo de Iria Flavia, que traslada a sé a Compostela trala inventio/revelatio do sepulcro de Santiago. E no eido da literatura, Tristán e Balcandrín dos cantares de xesta, Garcilaso de la Vega (=Graciliano da Veiga, alférez e poeta) e Brando Brandini della Leonardesca dende Fanto fantini della Gherardesca de D. Álvaro Cunqueiro, gran fabulador dos tempos da ditadura, que agora tamén compre, e moito... Con eles, o silandeiro Tranquimazón e o arroutado Brancellao, ademais de Marciano Bonaparte o pacificador, oxímoro magno. Un desfrutar desta liña imaxinación após Cervantes, da que tamén fixo gala Cabrera Infante en Tres tristes tigres con “Silvestre Isla, autor de Por quién doblan las esquinas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
La calle ocupada
ARTE ET ALIA
Figueiras, cabaleiro do verde tabardo
Clara Vázquez Maldonado
DIARIO LEGAL
Quién controla los datos de tu coche
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
¿Quién hará caso a León XIV ?
Lo último