Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
PINGAS DE ORBALLO
Ando baixo de inspiración. Agora toca descubrir se me refiro á de coller aire ou á de deixar caer palabras sobre unha páxina en branco. Ás dúas, para que enganarnos.
Inspiro mal porque o sufoco é enorme. Custa respirar. E respirar consiste, precisamente, en coller aire e soltalo. Parece doado, pero hai días nos que ata iso pesa. Se non respiro, afogo. Se afogo, morro. E se morro..., a tomar por aquel sitio a outra inspiración, esa que vive das ideas e das palabras.
Así e todo, sigo intentando inspirarme. Métome por unha canella en silencio, buscando o carreiro dun peito
En canto á inspiración literaria, sigo igual de escaso. Mais algo acabará por caer. Algo sempre cae. Ás veces é unha palabra; outras, unha lembranza ou unha imaxe teimuda que se instala na cabeza. Que se me deito sobre un leito de fentos. Que se me tiro ós toxos. Que se a rula aniña nas asaduras da miña alma... ou da miña conciencia, que nunca tiven moi claro onde fai mellor o niño. Que se a Perla Negra continua navegando baixo unha tempestade inmensa. Ó final todo chega. Pouco a pouco. Paso a paso. Palabra tras palabra e frase tras frase, ata que o papel deixa de estar baleiro. Logo vén o significado, e aí xa cada quen carga coa súa propia sabedoría. Hai quen procura unha lectura entre liñas. Outros botan as mans á cabeza porque non entenden nada. E, para ser sincero, compréndoos: nin eu mesmo consigo entenderme sempre.
Así e todo, sigo intentando inspirarme. Métome por unha canella en silencio, buscando o carreiro dun peito. Déixome conquistar por un enorme sorriso e por unha gargallada desas que limpan a tristura. Saboreo uns pementos mentres deixo que o tempo pase sen présa, con calma e con sosego. E entre cancións de Elvis Presley e as bandas sonoras de Ennio Morricone, descubro que quizais a inspiración nunca marchara de todo. Simplemente estaba agardando a que eu volvese aprender a respirar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos