Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Fútbol
Pois saiban que a expresión do titular xurdiu espontaneamente ao atoparme de fronte cunha persoa, antigo bancario, co cal tiven gran relación en tempos pasados, mantendo conversas de todo tipo; pero dun tempo a esta parte levabamos sen vernos. Xa saben -non sei agora-, os empregados de banca adoitaban xubilarse anticipadamente, bastante xoves, polo que, aínda que pasaran algúns anos, continúan en boa forma, se non padeceron un revés no seu estado de saúde. O relato diante do súpeto encontro físico foi: “Coñoo!, que tal, canto tempo sen verte”, díxenlle. “Pois si, ao xubilarme estou nas aforas, e saio menos…, ademais os 75 xa caeron”, contestoume. Ao que respondo que “non se che notan eses anos”. “E ti?, pregúntame. “Non me podo queixar, vámola virando; mentres se poida contar…”. “Pois o mesmo digo”. E despedímonos dicíndonos: “O pasado, pasado está, o que foi, pasou!”. Mantivemos a conversa un pouquiño máis, desexámonos sorte, e facendo votos para volver a vernos así de ben, sen que pase tanto tempo. Despedímonos outra vez cun “o que foi, pasou!”, non de resignación, si de alegría, xa que despois do tempo transcorrido aínda estamos para contalo.
Sempre mantiven o dito de “non hai un hoxe sen un onte”. Ou mesmo que “o presente deriva na meirande parte do pasado”; e, ademais, “o futuro é a renda máis cuantiosa da imaxinación”. Pero con moita idade que teñamos endexamais deberíamos lamentarnos, xa que se podemos dicilo é que aínda vivimos, estamos aquí para recordar, contalo e vivilo. Temos unha disposición natural a rememorar, ou mesmo revivir emocións e sensacións pasadas. Por iso adoitamos dicir que “recordar é volver a vivir”. José Martínez Ruiz (Azorín) deixounos un “vivir es pasar… mejor diríamos vivir es ver volver…”
O que acabo de contar vén a colación porque sei, dende hai tempo, da hipertimesia ou síndrome de memoria autobiográfica superior, que permite as persoas recordar case cada día das súas vidas con detalles vívidos, incluso dende a infancia.
O “aquí pasou o que pasou”, dito polo deputado Manuel Iglesias Corral, quedou para a historia do Parlamento de Galicia dende novembro de 1986. Tamén “lo pasado pasó” (canción de Carlos di Sarli): “Lo pasado… pasó. ¡No te atormentes! De qué importa mi pasado; son cosas muertas que se han ido…”. Do que se deduce que o pasado foi e, como reza o titular, “o que foi, pasou!”. Aínda cas veces as cousas non foron tan fáciles como se contan, facémolas fáciles de contar, sen darlle maior importancia, sacándolles ferro, para que, como o meu antigo confidente e bancario, vaia tranquilo despois de verme, ou iso pareceume.
O que acabo de contar vén a colación porque sei, dende hai tempo, da hipertimesia ou síndrome de memoria autobiográfica superior, que permite as persoas recordar case cada día das súas vidas con detalles vívidos, incluso dende a infancia. É un recordo involuntario e constante, que pode resultar esgotador. Todo por exceso ou por defecto é malo. Eu, a hipertimesia non a quixera para min. Como tampouco a incapacidade de recordar. Nin hipertimesia, nin amnesia. Alomenos saber, darnos conta, o que sucedeu e nos pasou, o que foi presente nun momento ou etapa da vida, que co paso do tempo convértese no “o que foi, pasou!”.
Estamos en terra de lonxevos, cada vez máis en número e lonxevidade, o que se traduce en máis recordos nos que poder pensar; ata podemos chegar á melancolía. Cando a melancolía o inunda, cúrase bebendo da copa dos seus recordos, o que quere dicir que, diante da tristeza ou da melancolía, o refuxio non está en esquecer, senón revisar o pasado, atopar consolo nos momentos felices e colaborar experiencias vividas. Toda unha forma de nostalxia curativa. En todo isto pensei trala despedida co bancario, con ese “o que foi, pasou!”. Que sorte podelo contar, aínda que Dios nos libre dun xa foi. Non está nada mal en recapacitar e pensar na sorte que tivemos de “vivir un pasou”, que xa non é, pero recordámolo para vivilo. Que nostalxia. Non sempre a nostalxia chega acompañada de tristeza, existe a nostalxia feliz, como cando lle dis a un semellante “o que foi, pasou!”, como parte de todo o vivido. Co desexo de que todos teñamos unha lonxevidade con calidade de vida, para en calquera momento poder exclamar: sucederon moitas cousas, pasaron, pero as recordo con ganas. Recordar é volver a vivir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AUMENTO DE DEMANDA
Las reservas de alimentos de Cáritas se agotan en O Barco de Valdeorras
UN AÑO MÁS EN PRIMERA FUTGAL
La Purísima y el CD Brollón salvados a su manera (1-2)
"MUNDO DIVIDIDO"
Conciertos y visitas gratuitas marcan el Día de los Museos