A fonte de Oseira na Praza Maior

Publicado: 27 oct 2024 - 01:00

Auriabella, así chamaba Emilia Pardo Bazán á nosa cidade no século XIX, que a namorou pola súa sociabilidade, amizades e o atractivo urbanístico.

Hoxe en día, nos próximos meses celebraranse duas festas esenciais para a cidadanía que lle producen engado: os Magostos e o Nadal. Por iso, pola prensa sábese que nestes días o ente público que os organiza, o Concello de Ourense, xestiona a contratación das empresas responsables para desenvolvelas, especialmente a iluminación e, por iso, debe tomar rigorosamente as medidas necesarias para que non teña que resolver, con posterioridade, males preocupantemente irreversibles.

Considero nefasta a posibilidade de que volvan colocar, outro ano máis, o árbol artificial iluminado de Nadal sobre a fonte orixinaria do mosteiro de Oseira sita hoxe na Alameda do Concello, dado o valor histórico e artístico da mesma.

O autor deste texto foi membro da directiva do Liceo de Ourense no cuadrienio 2006 a 2010 e isto ven a conto de que, a causa da iluminación do Nadal, contratada daquela a súa instalación polo Concello, a empresa elexida provocou a caída dun balcón da fachada principal do Pazo dos Oca Valladares, edificio cualificado como Ben de Interese Cultural de Galicia. Non quero, como moitos cidadáns, que isto volva pasar!

O 19 de febrero de 1836 publicouse o Real Decreto, Declarando a venda de bens do Clero, do que Mendizabal, que exerceu como presidente do Goberno liberal español foi o seu promotor, e por iso a lei leva o seu nome. Nela se declaraban en venda todos os bens pertencentes ao clero regular, destinando os fondos obtidos á amortización da débeda pública. Principalmente a etapa da desamortización trascorreu entre os anos 1834 e 1854. Deste xeito, baleirándose mosteiros e conventos. Así pasou co de Oseira.

A Praza Maior de Auriabella foi, secularmente, o lugar onde se atopaban os poderes político, relixioso e social da cidade (Casa do Concello; Pazo Episcopal, hoxe Museo Arqueolóxico, e Casino dos Cabaleiros). De por si era atractiva pola súa inclinación e o chan cuberto por coios como se foran uns xogos florais, e tamen viuse imbuida neste importante acontecemento histórico do século XIX coa instalación dunha das fontes do mosteiro de Oseira.

Florentino López Cuevillas, no artigo seu titulado Coiñais, recollido no seu libro Cosas de Orense, describiu como “se agrupaban os coios pracegos en pechados escuadróns amosando á vista únicamente un anaco das súas curvas, sobre as que se exercían todo tipo de actividades coma o Entroido, a Semana Santa e as Festas Maiores, con monicreques e acróbatas cós seus dobres saltos mortais, sobre os coios de corpo duro e brando corazón”.

José Adrio Menéndez, no capitulo XI do seu libro Del Orense Antiguo (1830-1900, publicado pola editorial ourensá La Popular en 1935, informounos desta importante nova acaecida no ano 1856: “Á Praza Maior, onde por todos os seus costados había árbores, foi levada en virtud de acordo municipal de 27 de agosto unha das fontes monumentais do Mosteiro de Oseira, trasladada anos despois, ó bosque dos Xardíns do Posío”.

Certamente, a fonte situáronna, logo, na parte superior do Xardín do Posío. En febreiro de 1969, nunha polémica noite, trasladáronna e substituiu á estatua de Concepción Arenal, na parte norte da Alameda ou Horta do Concello; estatua que foi trasladada á Praza de Concepción Arenal. Apesar de chegar informacións documentais rigorosas, coido que faría falta saber onde está o seu artístico pedestal.

Ático Noguerol Iglesias (Ourense 1888-1942), funcionário do Concello ourensán que pola súa valia na defensa de Auriabella era “cronista popular da cidade”, realizou numerosos debuxos relativos a Auriabella. Entre eles conven destacar o titulado Praza Maior, cós seus apuntamentos históricos, que ratifican visualmente e por escrito o estado da calzada da Praza e da fonte de Oseira:

“Véase a la vuelta.

1640 y tantos y antes.

En esta plaza hubo corridas de toros y hubo juego de lanzas y cañas.

1855

En este año empedraron esta Plaza como está en el croquis y así lo recuerdo yo. Pero en el año siguiente instalaron en ella una fuente con el agua que sobraba de la Fuente del Trigo y en el 1856 había árboles y se hizo el espolón.

¿Ahora hace falta saber dónde fue colocada la fuente siendo así el empedrado?

La fuente duró unos tres años, la primera vez que hechó (sic) agua estaba celebrando sesión el Aytº (Concello) y se suspendió para ver correr el agua en dicha fuente; esta tenía pilón y árbol”.

Sería moi interesante descubrir a súa ubicación exacta na Praza.

O profesor universitario Xosé Somoza Medina, no seu libro Historia de Ourense, publicado pola editorial ourensá Duen de Bux, sobre a fonte de Oseira tamen informou que se colocou en 1856 no centro da Praza Maior, onde existían árbores en todos os costados, e logo a trasladaron ao “bosque” do Posío e, finalmente, á Horta do Concello ou Alameda do Concello.

Polo que expuxen ata o de agora, considérome que represento a unha coletividade que desexa preservar históricamente a fonte de Oseira pola súa beleza e historia pasada, presente e futura.

Contenido patrocinado

stats