Miguel Abad Vila
TRIBUNA
El experimento de Minnesota
Aínda que o seu formato en libro sexa de aparición recente, foi en agosto do pasado ano cando a obra "Fóra de mapa" do ourensán Emilio Fonseca Martín gañou, coa unanimidade do xurado, o Premio de Banda Deseñada "Castelao" que cada ano outorga a deputación provincial da Coruña. Xurado que, presidido pola vicepresidenta da deputación provincial da institución organizadora, formaban parte tres destacados persoeiros do mundo do cómic: Juan Díaz Canales (gañador de varios premios internacionais no eido do debuxo), Jorge González Varela (debuxante e guionista, con incontables publicacións) e Miguelanxo Prado (¡qué dicir de Miguelanxo, ó respecto!). Xurado de luxo, que considerou Fóra de Mapa "unha obra de gran ambición. Cun guión rico, ben documentado e ben estruturado; un debuxo eficaz con moi bos recursos expresivos e bo tratamento da imaxe que provoca unha lectura fluída e engaiolante".
Un galardón, moi importante, que ven a unirse a outras creacións do autor. Emilio Fonseca, debuxante, cineasta, investigador, licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, ven traballando arreo dende vai tempo no ámbito do vídeo, da animación e da ilustración.
Por citar algúns dos seus traballos, no ano 2013 realizou un excelente documental, "Queimar o monte", sobre as causas e consecuencias dunha praga que, dende vai xa moito tempo, está a asolar Galicia. Cal é a dos incendios forestais, con datos de arrepío. Ó longo do documental vanse alternando, durante unha hora, imaxes e palabras. Palabras que falan do abandono do monte, de pirómanos, de fogos intencionados, de neglixencias, de fatalidade. E centos de imaxes de solos abrasados, sen ningún rastro de vida.
No ano 2015 participou, con especialistas de distintos países, no proxecto de cooperación española Chaco Ra´anga, coa finalidade de visualizar a ameazada riqueza cultural e medioambiental do Grao Chaco sudamericano. Segundo se ven anunciando, e dentro da programación do proxecto, antes de que remate 2017 a organización publicará un libro coas conclusións dos distintos especialistas. Por outra parte, e ligado o contido do proxecto, vai uns meses Emilio rematou o cómic "Verde Invisible", estando neste momento pendente de publicación.
Traballo interesante, tamén, o que na actualidade está a realizar Emilio sobre o lobo en Galicia. Collendo palabras súas, "O documental sobre os lobos vai pouco a pouco, pero xa temos gravado moito material e conseguido a colaboración de distintos expertos e de organismos interesados na cuestión". Unha vez máis, seguro que nos sorprenderá gratamente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DECORACIÓN NAVIDEÑA
Veinte vecinos convierten As Lamas en un paraíso navideño
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
José Feijóo e o “Gordo” do Alfonso XIII
TÚNEL DE RANTE
La variante exterior seguirá en obras durante el año 2026