Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
TÍA MANUELA
O que fai unha pelota, un balón, uns xogadores de fútbol, un árbitro, a televisión e milleiros de milleiros de espectadores. Pode ser un milagre que lles permite a moitos abrazar e aloumiñar a cara invisible do deus do triunfo, do triunfo económico e publicitario do deus dos deuses. O mundo estaba na súa metade parado e mirando como se desenvolvía. A outra metade tamén parada e abraiada polas amarguras das derrotas. Moitos saben (sabemos) que os que perden, perdendo, poden ser igualmente triunfadores.
O deporte é deporte e non debía ser máis nada. En todo caso, saúde e riqueza para os deportistas e para a sociedade. O negocio é outra cousa, igual que a política, busca réditos, vendedores e vendidos. Esaxera e, se é conveniente, mente igual que menten os cazadores, despois de pasar sete ou oito horas agardando por unha lebre que se achega e escapa.
O Campionato Mundial de fútbol que é? Unha riqueza enorme para uns, un deporte para outros e unha competición deportiva e política para os que queren ganar e ganan, xoguen ou non xoguen. Unha parente de parentes emigrados en Arxentina resumía moi correctamente o que pasou: Ganaron os que mellor xogaron, pero puideron gañar calquera deles, eran os mellores entre os mellores. Arxentina e España bateron o cobre no campo de xogo.
A metade do mundo vai cos ollos detrás dunha pelota e a pelota anda, a patadas, na procura da portería
E que? En que lles vai aos moradores da serra de Lugo, da chaira ou da Mariña, da Coruña, de Ferrol ou de Carballo; a calquera de Pontevedra, de Chandrexa de Queixa, de Vigo do Real ou de Redondela? En que lles vai que sexa a selección arxentina ou a española a gañadora do Mundial? Quen son os ganadores? Son eles, os de sempre, os que organizan a festa e o albaroque ou a corrobra.
A metade do mundo vai cos ollos detrás dunha pelota e a pelota anda, a patadas, na procura da portería. Cando entra, congratúlanse a metade dos miróns, a outra metade, tan numerosa como a primeira, morre de noxo. Os mandatarios públicos, agora nestes tempos, non lembran do que se falaba, daquela, cando moita xente consideraba que o fútbol era como o opio do pobo.
A Tía Manuela comparte a denuncia de Eduardo Galeano relativa ao fútbol como negocio, laiándose desa viaxe que este deporte fixo “dende o pracer ao deber” e sabendo que é “música do corpo e festa para os ollos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Su nombre no era para esa lápida
CUENTA DE RESULTADOS
De Cos y Knot, favoritos para el BCE
Victoria Lafora
La puntilla
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 2 de noviembre
DOBLETE DEL OURENSANO
Martín Lamelas lleva al Arenteiro hasta el triunfo ante el Celtiga (2-0)