Julia Navarro
De decepción en decepción
DENDE SEIXO-ALBO
Antes de nada, quero felicitar á selección, ó equipo no seu conxunto, por darnos un grande alegría.
As veces o cabreo lévanos a perder o norte e a considerar inimigo a aquel que discrepa, cando realmente é un irmán que pensa de maneira diferente porque ve a solución os seus problemas dunha maneira contraria á que pensan os demais. E esta pequena reflexión tenta pór un chisco racionalidade nun asunto que non nos debía dividir como cidadáns libres e responsabeis que somos.
Unha familia dun pai e cinco irmáns viven xuntos no mesmo fogar, aínda que o pai é un home moi autoritario que quere o mellor para os seus fillos, pero ten unha visión moi patriarcal da vida e non está disposto a permitir discrepancias que poñan en cuestión a unidade familiar. Dous ou case tres fillos teñen certas veleidades pois reclaman un espazo vital un tanto distinto ó familiar, cuestión que o xefe da casa considera que non pode ser de ningunha maneira. El entende que hai que manter a unidade familiar por riba de todo, custe o que custe. Eses fillos que teñen unha personalidade forte séntense maltratados por un home que non comprende as súas queixas que cuestionan esa unidade. Os fillos entenden que teñen dereito a vivir a súa vida con certa independencia dado que botan contas e cavilan que lle irá mellor fora desa unidade. O pai non está disposto a permitir esas veleidades e arremete contra cuestións como as tradicións, cultura e forma de falar que eles consideran que non deben perder de ningunha maneira. O pai tamén sabe que son os fillos máis traballadores, ademais sabe o moito que aportan economicamente á unidade familiar. E no canto de escoitar e falar, lanza serios ataques contra o seu idioma.
Xa nos tempos da romanización, hai máis de dous mil anos, Roma tivo o mesmo debate para axudar á expansión do imperio
Un destes fillos canso de certo menosprezo argalla un simulacro de independencia que non pasa máis alá das palabras, feito que é reprimido considerándoos inimigos do resto da súa familia. Logo, o asunto pasa a instancias onde a Xustiza carga contra esta xente e castígaos con moita dureza. O caso é que a partires deste momento, no resto da familia xorde un debate sobor da maneira de parar o que consideran unha tolemia. Polo que uns falan que é mellor aplicar a lei e seguir reprimindo incluso coa forza do exército, mentres outros, máis prudentes, falan de perdón primeiro e logo de amnistía. Son irmáns, non son inimigos externos. Son veciños e amigos cos que levamos moitos anos convivindo.
A cuestión está servida. Xa nos tempos da romanización, hai máis de dous mil anos, Roma tivo o mesmo debate para axudar á expansión do imperio. Daquelas había dúas propostas: aplicar a forza ou camiñar pola vía política da negociación. E, que saibamos, en moitos pobos da nosa terra aplicaron acordos políticos como o demostran os achados en bronce atopados. Pois ben, este exemplo pode servir para aplicarlle ó que acontece cos irmáns cataláns e outros pobos desta península. Pobos que se resisten a perder o seu idioma, a súa identidade e a súa forma de ver estar na vida; pobos que se resisten a perder o control da súa economía, hoxe centralizada e moitas cousas máis.
A amnistía, lei que agora valida a Xustiza europea, para os conservadores e algúns xuíces seica é unha traizón á patria e póñenlle chanzos para que non se aplique; din que foi unha concesión do malvado Sánchez para seguir no poder, e resulta que trouxo un tempo de sosego nesa parte do Estado e unha merma do apoio ó independentismo nesas terras que crean emprego e que son unha parte moi importante da economía desta península. Por tal motivo, despois de escoitar as verbas dalgún expresidente, dando leccións non sei de que, é unha boa mostra de que o camiño da forza entre irmáns non leva nin máis ni menos que a crear enfrontamento e divisións que duran moitas xeracións e non arranxa ren.
Remato: eu non son arredista, polo que a postura do Goberno neste asunto entendo que foi a correcta
Queda moi claro que a vía política entre irmáns sempre é mellor que reprimir. Ademais, eses que hoxe protestan, hai uns días chamaban á porta deses independentistas e non lle facían ascos. Que contrariedade. En fin, eu como moita xente do norte desta península e doutros lugares considero que todos os pobos que un día camiñaron xuntos e que hoxe teñen visións distintas de como ten que ser o Estado, son irmáns e nunca os verei como inimigos. Cando o cabreo entre irmáns por discrepancia é moi forte, a vía da represión escaralla máis que arranxa.
Remato: eu non son arredista, polo que a postura do Goberno neste asunto entendo que foi a correcta. Ademais, estou convencido que outro Goberno conservador tomaría medidas similares pois, insisto, os irmáns non son inimigos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Julia Navarro
De decepción en decepción
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Inimigos ou irmáns?
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
O fútbol, festa e negocio
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Yo, con España y Maradona
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 22 de julio
TRAS LA SENTENCIA DEL TJUE
Puigdemont denuncia ante la Comisión Europea el incumplimiento de la ley de amnistía por parte de España
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 22 de julio
PROMOCIÓN INDUSTRIAL
A Xunta reforza a súa aposta polas firmas de automoción