Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
CASTELLUM HONESTI
Cando falamos de Galicia, referímonos a unha terra que converte os seus recursos, a súa tradición e maila súa experiencia, nunha fonte de riqueza e oportunidades. Eu penso que poucos eidos económicos galegos reflicten mellor esta afirmación que o sector agroalimentario; de xeito especial, o amparado por selos de calidade diferenciada.
Consonte a isto, se existe un ámbito no que Galicia construíu unha identidade propia e diferenciada -eu falaría dun verdadeiro concepto alimentario de país-, é o da produción amparada polas trinta e seis entidades oficiais de calidade que posuímos na nosa terra. Eis a “Galicia da excelencia”, un concepto vivo e real, afastado da abstracción, que se expresa cada día no traballo de milleiros de gandeiros, agricultores, viticultores, transformadores e outros profesionais que apostan por ofrecer produtos senlleiros, recoñecíbeis e ligados ó noso territorio. Todos eles fan que este sector constitúa un dos nosos principais motores económicos posto que xera máis de cen mil empregos, contribúe de maneira decisiva ó PIB e consolida unha importante presenza galega nos mercados nacionais e internacionais.
A este respecto, as denominacións de orixe, as indicacións xeográficas protexidas, a produción ecolóxica -ligados á Artesanía Alimentaria ou a marca icónica Galicia Calidade-, representan moito máis ca simples distintivos comerciais. Constitúen unha garantía de autenticidade, de trazabilidade e de compromiso cun modelo produtivo que aposta polo valor engadido fronte á estandarización. Lembremos que detrás de cada botella de viño, dunha peza de queixo, dun quilogramo de carne certificada ou de cada tarro de mel, hai capitais investidos, proxectos e ilusións de vida; mais tamén -non o esquezamos-, existe unha historia de esforzo, de coñecemento, de respecto polo territorio e unha vontade expresa de preservar aquilo que nos fai diferentes, converténdoo nunha vantaxe competitiva.
Por iso, co gallo de consolida-los avances acadados durante os últimos anos, é imprescindíbel reforza-las políticas públicas orientadas á mellora da gobernanza dos consellos reguladores, ó apoio ós produtores e ós investimentos en promoción dos produtos.
O sector vitivinícola, con cinco denominacións de orixe e outras tantas indicacións xeográficas protexidas -a metade en Ourense-, a Ternera Galega, o Mel de Galicia ou os nosos queixos, encabezados pola DOP Arzúa-Ulloa, demostran a fortaleza do modelo galego ó tempo que nos sitúan coma un territorio recoñecido pola excelencia das súas producións. Porén, a súa relevancia non se limita ós resultados económicos xa que o seu impacto acada dimensións moito máis profundas: contribúe a fixar poboación no rural, favorece a incorporación de novas explotacións, fortalece as economías locais e axuda a preservar unha paisaxe cicelada con mimo durante xeracións.
Nun intre histórico no que os consumidores demandan máis información sobre a orixe dos alimentos, os métodos de produción e a sustentabilidade dos procesos, os selos de calidade diferenciada representan unha resposta eficiente a esas novas esixencias do mercado. Por iso, co gallo de consolida-los avances acadados durante os últimos anos, é imprescindíbel reforza-las políticas públicas orientadas á mellora da gobernanza dos consellos reguladores, ó apoio ós produtores e ós investimentos en promoción dos produtos.
Para seguir avanzando, Galicia dispón dunha estratexia sólida, dotada con case dez millóns de euros para o ano 2026, que non busca só incrementa-las vendas ou abrir novos mercados, senón tamén reforza-lo prestixio dunha sona colectiva construída ó longo de décadas. Por que, cando defendemos os produtos galegos de calidade diferenciada, non só defendemos unha actividade económica: protexemos un xeito de entende-lo territorio, a forma senlleira dunha cultura propia e unha maneira de crear riqueza a partir da tradición produtiva.
Esa é, en resumo, a “Galicia da excelencia”: un país que compite desde a calidade, que medra desde a autenticidade e que constrúe o seu futuro apoiándose na capacidade da súa xente para transforma-lo propio en extraordinario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Su nombre no era para esa lápida
CUENTA DE RESULTADOS
De Cos y Knot, favoritos para el BCE
Victoria Lafora
La puntilla
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 2 de noviembre
DOBLETE DEL OURENSANO
Martín Lamelas lleva al Arenteiro hasta el triunfo ante el Celtiga (2-0)