Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
La serpiente de verano ataca de nuevo
Vivimos épocas de exaltación patriótica, identidades excluíntes e confrontacións estériles. Soportamos ao noso redor conviccións tan vehementes que non atenden a ningunha realidade nin lóxica. Medran os odios e os rexeitamentos, a sensación de diferenza e as tensións innecesarias.
A pesar diso, se algo identifica o noso carácter galego é unha comprensión nítida do que significa sentirse próximo ao diferente. A nosa historia como pobo emigrante e acolledor preséntanos ante o mundo case como unha illa de sensatez. Aí se atopa o galeguismo que nos debería facer sentir plenos: na convicción de que as nacionalidades non se miden polo ton da pel nin se xestionan co interese de provocar polarizacións.
Correspóndenos ser ambiciosos, concibir o país no seu conxunto e afastarnos de quen quere reducilo a unhas poucas rúas e prazas de lugares moi concretos. Galeguismo é ter a mirada aberta.
O galeguismo tamén implica ser firmes ante quen utiliza as identidades como ferramenta de división e ante as voces que hoxe discuten os dereitos das fillas e netas dunha emigración forzosa. Esas voces, de criterio poxable segundo o día e o interese, están moi lonxe do que en Galicia comprendemos con claridade: as persoas están moi por riba dos pasaportes e das bandeiras. Vivimos tempos complexos, si, pero a construción da nosa identidade tampouco foi nada sinxela e, no entanto, saíu adiante. Ese é un legado impagable que nos deixaron e que non podemos desvirtuar.
De nada servirá entender Galicia como un instrumento, como unha arma que orientar segundo o vento que cada semana, cada día ou cada hora veña soprando desde outras latitudes e marque o ditado. Este país non é de ninguén nin está ao servizo dos intereses de ninguén. Galicia é un país para servilo, e non para servirse del.
Sirva este 25 de xullo para lembrar de onde vimos e cara a onde imos. Somos un territorio envexable que vive atenazado por políticas limitadoras e vitimistas, que lle impiden medrar e desenvolver todo o seu potencial. Aí tamén ten moito espazo o galeguismo que debemos impulsar e defender. Correspóndenos ser ambiciosos, concibir o país no seu conxunto e afastarnos de quen quere reducilo a unhas poucas rúas e prazas de lugares moi concretos. Galeguismo é ter a mirada aberta.
Teñamos a convicción de que hai un futuro esperanzador por diante. As xeracións que veñen pulando con forza son xa unha realidade: están cada vez mellor preparadas e son máis tolerantes e abertas. Fronte á tendencia a ser pesimistas co que facemos, tamén aquí podemos sentirnos moderadamente felices por termos contribuído a iso. Cómpre, no entanto, afondar nas súas preocupacións: o emprego de calidade, o acceso á vivenda, o coidado do medio ambiente e o impulso dun mundo cultural propio, que hoxe leva Galicia no corazón, na lingua e nas camisolas que enchen este país e moitos outros.
Esta xeración está formada por netos e netas de galegos e galegas que medraron en condicións máis difíciles que as actuais, pero que tiveron a capacidade de sobrepoñerse. Igual que o fixeron tantas persoas que tiveron que afrontar, ademais, a dolorosa separación da terra, pero que mantiveron e manteñen viva a nosa identidade polo mundo.
Este país multicultural, produtivo e con capacidade para comerse o mundo é o país do que debemos sentirnos orgullosos. Ogallá teñamos unhas institucións á altura, que non o queiran instrumentalizar nin utilizar para outras leas. Ogallá teñamos unha sociedade que mire máis cara ás fillas e ás netas e que sinta, con emoción e satisfacción, que o camiño construído só terá sentido se seguimos poñendo pedras na mesma dirección. Para que tamén se sintan orgullosas as netas da Galicia que debe ser.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último