Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El sonido del mar por ordenanza municipal
A prostitución é coñecida dende sempre co nome de "o oficio máis vello do mundo. As mulleres que a pratican eran coñecidas, na nósa nación, como "mulleres da vida". Non podemos esquecer tampouco que tamén hai prostitución masculina. É unha atividade que xenera certos ingresos e da que se aproveita unha fauna parásita, a dos proxenetas, tamén coñecidos por "chulos de putas" e tamén por "macarras" (do francés "maquereau"). Hai tamén orgaizaciós mafiosas que, a gran escala, adícanse a coñecida como "trata de blancas", aínda que as esplotan de todas as coores, ou sexa que non son racistas.
Agora, o Goberno, que coma todolos gobernos tén moita práutica no de aproveitarse do produto dos demais, tenta de meterlle mau no bolso tanto ás "léas"coma ós "macarras", porque seica é cobizoso do que pode siñificar na milloría do PIB. Ou sexa: quere convirtirse nunha especie de "macarra supremo". Non sei porque me dá o corpo que os gastos e os esforzos que poden costar os cálculos e orgaización precisos pra encaixar a aitividade no sistema tributario van facer que se encarezca o precio do "servicio", e pode que tamén a inflación.
Comoqueira que lle van dar o mesmo tratamento ó asunto das drogas, xa o alcume de "macarra" lle non vai a ser apropiado, pois ó comportarse coma un "Corleone" calquera, cádralle millor o de "padriño". Será curioso ver coma os "comerciales" da droga, tamén chamados "camellos", que están no cárcere, son ceibados pra darlle dinamismo ó tráfico da mercancía, e máis ver os edificios suntuosos lucindo as placas dos cárteles benefautores das arcas estatales.
Mais, que se non alarme ningén. Isto non é unha crítica nin unha profecía. É unha "diarrea mental" semellante á que tiveron os país da feliz idéa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LA REVISTA
Francisco Castro, paixón Beatle
LA REVISTA
La playlist de... Francisco Castro
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Fin de semana de calor en Ourense: los termómetros subirán hasta los 36 grados