Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El sonido del mar por ordenanza municipal
Resumamos, nun, dous exemplos moi representativos: O Concello de Madrid decreta a paralización de importantes proieutos económicos, xa debatidos e aprobados, o que supón miles de millós de euros e de postos de traballo que xa se non producirán. O Concello de Barcelona trata de pecharlle a porta ós turistas, que son un dos elementos máis importantes na recadación de beneficios e na creación de postos de traballo na comunidade.
Si o Goberno tén na economía e na creación de emprego as ferramentas principales pra solución da crisis e a recuperación do estado de benestar, atópase con istes "amigos" que traballan á contra dos intereses do Estado e que convirten ós que ían ocupar os postos de traballo en cidadaos ideales, e con tempo dabondo pra porse detrás das pancartas rivindicativas distes direitos que os encirradores lles negan, e que, no colmo do cinismo, culpan ó Goberno.
Quen primeiro debería por maus no chollo serían as comunidades autónomas, por ser as máis direutamente afeutadas. Mais si alguna vai de "alcahueta" distes concellos subversivos, debe o Goberno, sin que lle treme o pulso e, podendo ser, dacordo coa oposición, por ser unha custión de Estado, traelos "ó rego" das boas práuticas
Ollar isto nun "Lander" alemán sería imposible. A reación inmediata sería suprimir as competencias do "revoltoso" e unha chamada a contas.
Si o noso Goberno non obra con firmeza ¿é que está pexado? Xa se sabe que o cabalo pexado anda pouco e con dificultade. Vostedes mesmos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LA REVISTA
Francisco Castro, paixón Beatle
LA REVISTA
La playlist de... Francisco Castro
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Fin de semana de calor en Ourense: los termómetros subirán hasta los 36 grados