Igrexa parroquial de San Miguel de Canedo

Publicado: 16 ene 2025 - 03:00

Seguindo o trazado da estrada nacional 120 de Ourense a Vigo, aproximadamente a 3 quilómetros, á altura de Eirasvedras, tomase unha pequena e estreita estrada local que conduce ó interesante pobo de Canedo no que se atopa a igrexa obxecto do comentario de hoxe.

Entre os anos 1836 e 1943 este pobo pertenceu ó antigo Concello de Canedo, no que se conserva, aínda actualmente, moi modificada, a antiga Casa do Concello.

Coordenadas: 42º21´25”N 7º55´04”0

Situación: Pobo de Canedo, rúa Canedo, nº, 53.

Construción: Entre los años 1836, a antiga e 1943 a actual.

Características: Estilo indefinido.

Elementos destacados: Pía bautismal gallonada e outra da auga bendita en forma de vieira.

Estado: Conservación regular.

Edificios auxiliares: Sancristía e cércana casa parroquial.

Información relixiosa: Culto cristián.

Titularidade: Bispado de Ourense.

Párroco: Francisco Manuel Enríquez Pérez.

Protección: Catalogada pola Xunta de Galicia, protexida polo PXON. ademais dos propios veciños.

O antigo e pequeno templo parroquial, queimárono durante a guerra civil; o actual, de estilo neoclásico indeterminado reconstruíuse, aínda na actualidade, conserva algún elemento construtivo que formaba parte do edificio orixinal, como un machón situado no muro lateral de lado do Evanxeo, no que se distingue, malamente, unha escritura dedicatoria.

Accédese ó interior do templo a traveso dunha rectangular portada aberta na triangular fachada decorada con pináculos dando remate á mesma unha espadana ou campanario, de dous ocos, que continúa cun frontón triangular acabado en cruz. O templo cóbrese a dúas augas.

O interior o forma unha soa nave rectangular con acceso ó presbiterio no que se atopa o retablo presidido pola imaxe do titular da parroquia san Miguel, datado no século XVIII, acompañado de dúas tallas de corte industrial. O citado retablo, datado no ano 1736, foi obra de escultor Joseph González, atopándose orixinalmente presidindo o presbiterio da antiga capela da Venerable Orden Tercera Franciscana, situada a carón do cemiterio de San Francisco, que actualmente sirve como sala provisional de exposición de obras do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense 1.

Resulta interesante a presenza no recinto relixioso de Canedo de dúas pías, unha delas, bautismal gallonada, en pedra, situada a carón do presbiterio, datada no século XVIII; a outra atópase preto da porta de acceso á igrexa con forma de vieira.

Contenido patrocinado

stats