Igrexa románica de Santa Cruz de Arrabaldo

IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS

Publicado: 10 jun 2025 - 06:50
Igrexa románica de Santa Cruz de Arrabaldo
Igrexa románica de Santa Cruz de Arrabaldo

Moi preto da pequena estación ferroviaria de Ourense a Vigo, Santa Cruz de Arrabaldo, a carón da Carballeira de Santa Cruz e dun pequeno grupo de casas que conforman o núcleo principal de Arrabaldo, a uns escasos 100 metros do río Miño, atópase a vella igrexa románica de Santa Cruz, datada na segunda metade do século XI. Na súa orixe foi un pequeno mosteiro baixo a tutela da poderosa Orde do Cister, dependente de Oseira, quen a rexentou como priorado e, mais tarde, como granxa. No decurso do ano 1155 unha bula do papa Adriano IV a menciona como a primeira propiedade importante que tivo o mosteiro dos monxes brancos; desaparecida tralas discutidas disposicións de Mendizabal, non sen antes converterse a igrexa como parroquia, dotada de crego propio polo bispado de Ourense; posteriormente vendeuse conxuntamente ca finca pasando a mans privadas.

Na citada ábsida ábrese unha fiestra románica composta de dúas arquivoltas con arcos semicirculares e groso axadrezado sostidos por columnas acodilladas nas zambras

O antigo e interesante templo caracterizase pola súa estrutura composta por unha única nave rematada en ábsida rectangular con muros de cadeira de granito e cuberta a dúas augas. Na citada ábsida ábrese unha fiestra románica composta de dúas arquivoltas con arcos semicirculares e groso axadrezado sostidos por columnas acodilladas nas zambras; dispón de interesantes capiteis decorados con testas de animais afrontados. No muro cara o norte consérvase unha portada románica con contrafortes alintelada, con sillares e en posición angular, cunha moldura barroca mixtilínea a base de baquetas e medias canas. No centro da fachada ou omafronte de acceso principal ó templo, por riba figura unha fiestra rectangular seguida, tras unha curvada cornixa modulada decorada co sensos pináculos, seguida dunha a espadana ou campanario composto de dous ocos semicirculares que aloxa sendas campás; da remate ó mesmo unha cruz metálica acompañada de pináculos. O interior da nave a cubre un interesante artesoado polícromo. A antiga edificación relixiosa atópase realizada en aparello de pedra granítica colocada en fiadas horizontais. No flanco meridional da súa ábsida engadiuse a sancristía e, trala perdida da súa fachada occidental orixinal substituíse por outra barroca véndose afectada polas variadas reformas realizada no século XVI, pese a elo na actualidade, practicamente, aínda conserva o seu aspecto románico orixinal 1.

O interior da nave cóbrese cunha interesante teitume de madeira con certo artesoado polícromo. O aceso ó presbiterio realízase a traveso dun arco triunfal semicircular cun lixeirísimo peche a modo de ferradura sostido pon seme columnas adosadas; a teitume que cubre a ábsida o forma unha bóveda de canón semicircular de tipo peraltado. O retablo barroco componse de dous corpos con tres rúas presidido, a primeiro delas por unha talla do Divino Neno Xesús, acompañado da Virxe de Fátima, mailo Sagrado Corazón; no segundo figuran as imaxes de san Antonio de Padua e santa Eulalia, da remate ó mesmo unha especie de peineta contendo o símbolo heráldico da congregación de Oseira 2.

DATOS

Coordenadas

42º21´48” N / 7º59´55”O

Situación

Rúa Arrabal nº. 14.

Construción

Século XI.

Características

Igrexa románica con engadidos barrocos.

Elementos destacados

Interesantes canícelos románicos no aleiro do tellado, capiteis e mochetas na portada norte; restos no teito da nave dunha interesante armazón de madeira de tipo mudéxar, ademais de diversas pinturas murais. Resulta practicamente moi interesantes a presenza de pequenas imaxes de santos todo acompañados dalgunha pintura en táboa, en bastante mal estado de conservación. No exterior, a carón da portada norte, existe un gran panteón, de corte neoclásico, datado no ano 1860, Por último lembrar a pequena capela barroca dedicada a San Vitorio, situada no inicio do solar da carballeira.

Igrexa

Situada dentro dunha finca particular.

Escudo

Congregación de Oseira.

Estado

Conservación: Regular.

Información

Igrexa sen culto.

Informante

2 Plácida.

Titularidade

Conxunto residencial privado.

Protección

B.I.C. Bens de Interese Cultural con Protección Integral P.X.O.M do Concello de Ourense.

Contenido patrocinado

stats