Igrexa de San Andrés de O Castro de Beitro

IGREXAS E CAPELAS OURENSÁNS

Publicado: 01 sep 2025 - 05:10

Igrexa de San Andrés  de O Castro de Beitro
Igrexa de San Andrés de O Castro de Beitro | La Región

Situada a 10 quilómetcros aproximadamente da capital das Burgas a aldea de O Castro de Beiro atópase incluída no perímetro rural de Ourense. A bonita igrexa encóntrase un tanto separada das casas que forman o pobo recibindo o seu nome do antigo castro prerromano situado sobre un promontorio que permitía ós seus habitantes posuír unha posición vantaxosa fronte o ataque dos seus inimigos; ademais dende este alto punto asentase a igrexa parroquial de San André de Beiro o que permite ollar un magnífico paisaxe do seu entorno. A Casa de Deus constitúe actualmente unha das dezanove parroquias integradas dentro do Concello de Ourense.

Pertencente ó antigo arcedianato de Bubal, a primeira mención documental do topónimo de Beiro se reflexa nun diploma do rei Alfonso VII, outorgado en Valladolid no ano 1155, no que o confire ó cércano mosteiro de Santa Comba de Naves.

Igrexa encadrada como “clásica románica galega de principios do século XIII” como a grande maioría das igrexas románicas o interesante templo experimentou diversas reformas ó longo do tempo que alteraron en parte o seu aspecto orixinario, pese a elo, aínda na actualidade, conserva parte das seu aspecto orixinal.

Para acceder ó recinto relixioso cumpre facelo a traveso dunha escalinata composta por sete chanzos de pedra rematados nunha plataforma situada á portada de acceso, o acceso principal ó templo é baixo un arco de medio punto lixeiramente apuntado con decoración de axadrezado. Nun dos capitel representase unha árbore e cinco aves namentres que no outro aparece diversa decoracións de tipo vexetal, todo moi similar ós existentes na portada interior de acceso á Claustra Nova no museo catedralicio. Por riba o tímpano, a pesares de non atoparse completo, aínda, con dificultade, distínguese unha cruz. Sobre a portada atópase un torna chuvia decorado con bolas sostido por varios canícelos con decoración vexetal. A espadana ou campanario barroco, realizado no ano 1735, componse dunha balconada de pedra, de dous corpos rematados en arcos de medio punto; por riba atópase o tímpano triangular perforado por un pequeno oco circular acompañado de dous pináculos rematados en bola 1.

O recinto sagrado componse basicamente dunha soa nave seguida dunha ábsida semicircular precedida dun tramo recto. Os muros son de cadeira de granito cubríndose o edificio relixioso, a dúas augas, medinte a protección da tella curva. Co paso do tempo o templo sufriu unha serie de reformas en grande medida atribuídas Juan Antonio de Heredia, que foi abade de Beiro entre os anos 1728 e 1781; a el debese a construción de varios compoñente construtivos do templo como o pórtico que antecede á modificada portada occidental.

A capela do Carme, datada no ano 1776, atópase adozada no muro da nave conxuntamente ca sancristía que ocultou a fiestra románica, ó longo de toda a fachada e por riba dela destaca unha seteira; no hastial occidental da nave, superando en altura a teitume do edificio, destaca a presenza dun Agnus Dei que se representa un carneiro de longos e curvados cornos que porta sobre o seu lombo unha cruz. A porta lateral sur é de medio punto con tímpano tapiado e escaleira de dous chanzos semicirculares. No muro noroccidental da nave consérvase unha pía bautismal moi toscamente labrada nun único bloque granítico. Á ábsida e de tipo semicircular precedida dun tramo recto, amosa signos de modificacións acontecida en varias reformas; así divídese en cinco panos accedéndose a ela mediante un arco triunfal, dobrado, con roscas lisas e arestas vivas, cóbrese mediante unha bóveda de canón, namentres que outra bóveda de forno foi o propio co hemiciclo. Na actualidade carece de retablo, posiblemente perdido fai tempo, que permite admirar a fermosa fiestra románica situada na ábsida.

A igrexa non dispón de tallas importantes: san Andrés, Inmaculada, san Xosé, Virxe do Carme, san Victorio, san Antonio, Sagrado Corazón, et. case todas elas de corte industrial, salvo unhas pequenas imaxes situadas nos laterais das naves.

Contenido patrocinado

stats