Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Alfredo Conde, señor de Brión
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
A oito quilómetros aproximadamente de Ourense, cara ó norte da capitalidade, a igrexa parroquial de Santa Baia de Beiro pertenceu no seu día ó antigo Concello de Canedo; sitúase no centro do núcleo urbano a redor da estrada de Caveanca a Castro.
Pertencente ó antigo arcedianato de Bubal a primeira mención documentada do topónimo de Beiro aparece nun diploma do rei Afonso VII outorgado en Valladolid, no ano 1155.
O interesante templo relixioso constitúe un exemplar destacado do románico rural galego en Ourense, románico de transición, datada nos inicios do século XIII con modificacións posteriores.
A igrexa a forma unha nave única con ábside rectangular precedida por un tramo recto, caracterízase por constituír un magnífico exemplo do noso rural conservándose na actualidade en bo estado, pese a ter sufrido unha serie de reformas e engadidos posteriores, como a espadana, realizada no ano 1735.
Á fachada principal a precede un pórtico abríndose no seu centro unha portada románica dotada de arquiños semicirculares, franqueada por dous arcos cegos de medio punto, arcos similares ós existente na portada interior da Claustra Nova da Catedral de Ourense; sobre ela ó longo de toda a fachada corre un torna chuvias e por riba figura unha seteira dando remate ó hastil, espadana ou campanario barroco do século XVII con balcón con balaustrada de pedra con dous arcos e capitel de remate; cóbrese a edificación da nave interiormente mediante un artesoado mudéxar pertencente ó primeiro ou segundo terzo do século XVI, namentres no exterior a cubrición é a dúas augas mediante o emprego de tella curva.
Accédese á ábsida, de tipo semicircular precedida dun tramo recto, mediante un arco triunfal dobrado, algo peraltado, composto de roscas lisas e arestas vivas apoiado en capiteis decorados con motivos antropomorfos e vexetais. O presbiterio, dividido en tres tramos, o ilumina tres fiestras decoradas con arcos de medio punto, ademais de interesantes capiteis figurados: leóns ou cuadrúpede ademais de diversos motivos vexetais cubríndose mediante o emprego dunha bóveda de canón. O altar maior o preside un retablo barroco. Resulta interesante a presenza dunha capela adosada á fachada sur, de planta rectangular, datada no século XVII, dedicada á Virxe do Carme, cuberta a catro augas que ten no seu remate unha lanterna barroca de planta circular. Na fachada setentrional ábrese outra portada decorada cun arco de medio punto formado por unha arquivolta moldurada. A carón desta portada atópase a escaleira de acceso á tribuna mailo campanario. A iluminación interior da nave realízase mediante diversas seteiras cunha ampla derrama cara o exterior.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Alfredo Conde, señor de Brión
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Jácome, ecologista
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Mira Lugo
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 8 de mayo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 8 de mayo
PRESUPUESTO PÚBLICO
El Gobierno desvió otros 8.500 millones de la UE a pensiones
RETORNO A LA POLÍTICA
Sémper apuesta por gobernar en solitario y “traer la calma”