Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Tameirón é un pequeno pobo, raiano ca veciña nación portuguesa que forma parte do espazo natural transfronteirizo que comparte España con Portugal; pertencente ó Concello de A Gudiña, inclúese dentro da cércana comarca de Viana. Neste interesante pobo situado na zona sur ourensán rodeado de montañas maxestosas duns mil metros de altitude o converte nun espazo ideal para o goce da natureza case en estado virxe, con abundancia de auga que descorre entre unha paisaxe frondosa abundando a presenza vexetal de especies tanto autóctonas como vexetais galegas. O acceso ó pobo é a traveso da autovía A-52, con destino a Madrid con saída na capitalidade do concello do concello para continuar pola N-525 con desvío, a man dereita, cara ó citado pobo pola estreita estrada provincial OU-953 que leva, tras percorrer sete quilómetros aproximadamente, directamente ó Tameirón.
Berce de san Francisco Blanco, frei franciscano, nacido no ano 1570, e educado baixo a protección do poderoso conde de Monterrei, foi martirizado ós dezanove anos de idade conxuntamente con varios dos seus compañeiros da mesma orde acompañado de fieis seguidores conversos, en Hiroshima, no Xapón, sendo consagrado santo polo papa Pío IX.
O templo sufriu diversas reformas ó longo do tempo como a realizada no decurso do ano 1974, que modificou parte da súa estrutura orixinaria
A cativa Casa de Deus, datada entre os século XVI e XVIII, componse dunha soa nave de planta rectangular cuberta no interior cun artesoado de madeira e no exterior protexida a dúas augas mediante tella do país curva; o presbiterio, máis elevado ca nave, conta cunha pequena sancristía anexa: O templo sufriu diversas reformas ó longo do tempo como a realizada no decurso do ano 1974, que modificou parte da súa estrutura orixinaria. O acceso ó recinto é mediante unha portada rectangular cun óculo, decorado cun trisquei, que aporta a iluminación ó interior mailo coro. Da remate á lisa fachada unha espadana campanario, con dous ocos que aloxa as campás mais outro pequeno baleiro na súa parte alta; decórase con sensos arquitrabes e pináculos laterais dando remate á mesma un frontón triangular coroado cunha pequena cruz de ferro.
O acceso ó presbiterio é mediante un arco triunfal de medio punto. O pequeno retablo maior, barroco, constitúe unha boa talla en madeira repintada, datada do século XVIII, que soporta as imaxes, na base, un dos titulares da parroquia, San Francisco Blanco acompañado a ambos laterais de sendas tallas de san Xosé e san Antonio; na parte superior loce a bonita representación doutra titular da parroquia, Santa María, representada como A Inmaculada Concepción.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Román Arias Fraiz
DIARIO LEGAL
Consecuencias da difusión de contidos sensibles
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
A paisaxe, expresión de identidade e memoria
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Cosmetotextilería
Lo último
CONCENTRACIÓN VECINAL
Mil firmas buscan soluciones en la avenida de Portugal
ELECCIONES ANTICIPADAS
Juanma Moreno convoca elecciones autonómicas en Andalucía el domingo 17 de mayo
A LAS 2:00 SON LAS 3:00
❌ ✅ Encuesta | ¿Considera necesario el cambio al horario de verano?