Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Fraga y mus en el vagón bar
Viaxar en bus urbano é abrir unha enciclopedia sobre a actualidade. A pouco que axilices o oído descobres mundos sonoros impensados, verdadeiros soportes da vida real. As alegrías e as miserias toman corpo grazas á palabra viva e aos pensamentos que en moi pouco se parecen a canto escritores e xornalistas formulamos sobre a verdadeira esencia dos acontecementos cotiáns. Nestes días convulsos viaxando escoitei todo tipo de comentarios sobre a corrupción política que apuñala ao PSOE e ao PP. Podería clasificalos como indignados, ofendidos, conformistas, inxenuos… porén un semellou ser moi certeiro por inesperado. Expúxoo unha señora entrada en anos, saída do territorio agrícola e do saber tradicional. Dixo: “o que sucede é a festa dunha voda, todos finxen crer na virxindade da noiva para comerse o mellor anaco da torta, ao final a ninguén lle importa que a moza vaia preñada se o doce engordou os seus bandullos”. A señora, diante do asombro da audiencia pechou o conto cun exemplo: “acordádevos da voda da filla de Aznar, do Rey ao bigotes todos encheran o saco con trampas desde o poder, agora nada sabemos deles, cambiaron as caras pero o banquete continúa sen descanso”.
Cando abandono o bus vou concordando con quen afirmou que no PP agardaban pola chegada do escándalo Montoro, de aí a présa para acadar o Goberno e a furia de Aznar sinalando a corrupción do trío de raspiñeiros amigos de Sánchez
Na voda destas semanas o noivo protagonista é Cristóbal Montoro e a súa rede de invitados a comer da bica do Ministerio de Facenda. Desde o PSOE, malferido polo caso Koldo-Ábalos-Cerdán, e desde o resto das esquerdas parlamentarias sinálase ao PP como un niño de corrupción sistémica. Feijóo escóndese e sacode o traxe mentres as redes se encheron de listas con coñecidos asuntos turbios pululando polos seus anos de presidente da Xunta. A voda e o cinismo espantan aos viaxeiros do bus, alleos aos comentaristas mediáticos capaces de comparar unhas e outras miserias segundo o patrón ideolóxico usado. Transmiten que o caso Cerdán é o máis terrible da historia, pois presuntamente embolsaron cinco millóns de euros que nin a UCO nin o xuíz atopan. Os mesmos tertulianos aseguran que o de Montoro é a simple actuación dun lobby aínda que a mordida coñecida alcance xa os cincuenta millóns por lexislar en beneficio de grandes empresas, pagadoras á trama para aforrar centos de millóns en impostos. No bus alguén grita: Viva os noivos! Outro asegura que todo este armazón “quedará en nada porque aos políticos só lles preocupa se suman ou perden votos con estas merdas”. A idea de que Sánchez só goberna por vaidade persoal calou. Unha moza defende ao socialista fronte a quen lle culpa de todos os males universais. Non dubidan en silenciala usando bulos.
Cando abandono o bus vou concordando con quen afirmou que no PP agardaban pola chegada do escándalo Montoro, de aí a présa para acadar o Goberno e a furia de Aznar sinalando a corrupción do trío de raspiñeiros amigos de Sánchez. Ao mesmo tempo preocúpame o avance de Vox roubando a mancheas votos ao PP. Con todo, hai tempo aprendín que tormentas tan terribles como a Gürtel ou a Dana ou esta de agora non mollan aos votantes de dereitas, capaces de xustificar o cinismo como ideario político. Ao tempo o voto de esquerda queda na casa vendo unha película de pistoleiros do oeste americano. Desaléntame revivir as imaxes de Aznar e Rajoy, patróns de Montoro, no Congreso do PP pontificando contra a corrupción dos partidos políticos contrarios. Véxoo como unha perigosa institucionalización do cinismo para alcanzar no seu favor os recursos dos poderes institucional, político, económico, xudicial e mediático nunha voda hipócrita onde usar ao pobo contra o pobo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Fraga y mus en el vagón bar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Les da lo mismo Juana que su hermana
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El ático de Ayuso
Isaac Pedrouzo
Yo solo quería un Casio con la calculadora
Lo último
PLAN DE CHOQUE ECONÓMICO
El PP exige al Gobierno IVA al 0% para el pescado y más ayudas al gasóleo
SOCIEDAD CIVIL ESPAÑOLA
PP y Vox secundan una marcha en Madrid para exigir elecciones y juzgar a Sánchez por traición