Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
O próximo día 1 de xuño a Irmandade Xurídica Galega celebrará a XII asemblea anual na cidade de Pontevedra. A constituínte tivo como escenario a vila de Celanova. Despois foron escollidas sucesivamente outras cidades e vilas para homenaxear a egrexios xuristas comprometidos coa causa da galeguidade.
A tradición xurídica galega, que está ben representada en avogados de sólida formación humanística, é descoñecida por inxentes promocións de profesionais do dereito formados nas aulas da facultade de Dereito compostelá, e despois, coa segregación das universidades, nas súas homónimas de Vigo, Ourense e A Coruña.
No século XVIII foi figura sobranceira Bernardo Herbella de Puga, autor do “Dereito práctico da Real Audiencia da Coruña”, que pretendía poñer en coñecemento dos avogados e xente do foro, “os estilos tan enraizados en prácticas, usos e costumes seculares, que é preciso coñecer para acomodar as súas actuacións ás características peculiares e físicas de Galicia”. Outra figura, pero xa no século XIX, foi José Pérez Porto, considerado como o autor que mellor estudou o dereito galego, como recolle o autor da “Historia do Dereito de Galicia”, o profesor Rodríguez Ennes, que debería ser de obrigada lectura para os futuros xuristas.
Esa tradición había ter o seu momento de esplendor, tempo despois, cos xuristas das Irmandades da Fala. A todos eles dedicoulles a Irmandade Xurídica Galega un volúme que foi presentado na asemblea anual celebrada en Monforte de Lemos co gallo do centenario da fundación das Irmandades e homenaxe a don Manuel Banet Fontenla, que tivo notaría naquela vila. Do seu compromiso coa lingua galega quedou moita obra escrita na que denunciou “a incomprensible pragmática dos Reis Católicos que obrigaron a dar todos os instrumentos públicos na fala de Castela”. Coetáneo foi Salvador Cabeza de León, profesor da Facultade de Dereito e primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos.
Decisivo foi tamén Porteiro Garea profesor no mesmo centro, e do seu auxiliar na cátedra, Peña Novo. A nómina complétase con Roberto González Pastoriza, os maxistrados Sebastián Martínez-Risco,Fermín Bouza Brey e Ramón Carballal Pernas. Un núcleo importante de forxadores da galeguización xurídica dos que queda constancia na numerosa bibliografía publicada e monumentos colocados en rúas e prazas que perpetúan a súa memoria, promovidos pola Irmandade Xurídica Galega.
Este ano homenaxearase a Xosé Fariña Jamardo, outro xurista que foi secretario xeral da Deputación de Pontevedra e oficial maior do Parlamento de Galicia, autor dunha prolífica obra literaria e de investigación en lingua galega.
Este labor ininterrompido da Irmandade Xurídica Galega conseguíu aglutinar a trescentos operadores xurídicos e funcionarios xudiciais nunha auténtica lexión de galeguizadores, que será ampliada con máis de vinte novas incorporacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Henri Matisse (1869-1954)
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Lo último
INVERSIÓN EXTRANJERA
SAIC recibe su "primera autorización" para la instalación de su planta en Ferrol
ESTACIONES METEOROLÓGICAS
Ourense concentra las cinco temperaturas más bajas de Galicia: todas por debajo de cero grados