Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La inmoralidad de las pensiones
TRIBUNA
Hai agora 65 anos, faleceu Isolino Canal Freire, un músico ourensán do que case ninguén se lembra, agás algúns dos membros máis informados da Coral De Ruada. É por iso polo que tratarei nestas liñas de aproximarme á súa figura humana e musical.
Isolino Canal Freire naceu no lugar de O Outeiro (Soutopenedo, San Cibrán das Viñas) o día 8 de abril 1908. Era o maior dos tres fillos do matrimonio formado por Isolino Canal Pérez e Aurora Freire. Dende moi pequenos, os tres irmáns (Isolino, Luís e José) recibiron clases de música na casa a cargo do seu pai, que compatibilizaba a agricultura con esta grande afección. Os tres tiveron unha evolución moi semellante, xa que foron mestres, militares e músicos. Tamén, coa axuda do seu pai e co seu esforzo persoal, Isolino chegou a tocar varios instrumentos: o fiscorno (que era o que máis lle gustaba e o que mellor tocaba), violín, guitarra, bandurra, laúde... e mesmo batería.
Militou nas Mocidades Galeguistas de Ourense, chegando a formar parte da súa xunta directiva, militancia que lle custou algún padecemento na posguerra.
O día 1 de outubro de 1934 o párroco de Soutopenedo, o cura-poeta Ramón María Blanco, casou a Isolino con Dolores Domuro Casas e, froito deste matrimonio, naceron os seus fillos: Luís, o ano seguinte, e Isolino, en 1937, en plena guerra civil.
A guerra civil interrompeu as actividades docentes e musicais de Isolino, que tivo que deixar a súa primeira escola de Figueiras (Amoeiro) para ingresar na academia militar de Pamplona, onde obtivo o nomeamento de Alférez Provisional de Infantería. Ao rematar a guerra obtivo destino no cuartel de San Francisco de Ourense ata que decidiu abandonar o exército regresando á súa profesión de mestre a finais de 1941 no novo destino de Ribadavia. Posteriormente exercería en Solveira (A Merca) e en Sobrado do Bispo, onde permaneceu ata o seu pasamento.
Durante estes poucos anos en que Isolino Canal exerceu a dirección, a Coral De Ruada seguiu a acadar grandes éxitos por toda a xeografía galega
Dirixiu a banda de Soutopenedo, unha das máis antigas de Galicia. Tocou o fiscorno nesa mesma formación, cando menos ata 1950, ano en que a banda acadou o primeiro premio das festas do Corpus en Ourense. En abril de 1945 xa pertencía á Coral De Ruada, onde exercía labores de vicedirección. Cando en 1946 Daniel González pediu o relevo na dirección da Coral De Ruada por asuntos persoais, a Xunta de Goberno -presidida por Antonio García Nóvoa “Perniñas”- decidiu que fose Isolino Canal o novo director, quedando Daniel González co cometido de “asesor artístico”. A relación entre Isolino e Daniel non era todo o cordial que sería desexable polo que a Xunta de Goberno decidiu volver nomear a Daniel González como director uns meses despois. Daniel deixou definitivamente a dirección en 1952 e, ante esta situación, a Xunta de Goberno decidiu volver nomear a Isolino Canal.
Un pequeno sector do coro non vía con simpatía ao novo director e traballou para que regresase o anterior, a pesar de que a maior experiencia de Isolino, nesta segunda etapa, lle permitiu facerse co coro e acadar novos éxitos. Ante esta complicada situación, a Xunta de Goberno decidiu poñer á fronte da dirección da Coral a un músico de indiscutible prestixio, que non puidese ser discutido por ninguén, e en outubro de 1955 nomeou ao cóengo organista da Catedral de Ourense Antonio Jaunsarás Sanmiguel. A Isolino Canal ofrecéuselle quedar como director suplente, pero non aceptou e presentou a súa dimisión. Antonio Jaunsarás permaneceu no cargo apenas tres meses, dando paso ao seu discípulo Manuel de Dios Martínez, pero esa é outra historia.
Durante estes poucos anos en que Isolino Canal exerceu a dirección, a Coral De Ruada seguiu a acadar grandes éxitos por toda a xeografía galega; viaxou a Madrid para gravar tres discos coa casa Alhambra (Columbia); estreou o espectáculo “Sol e Orballo”; viaxou a Salamanca, a e a Barcelona en dúas ocasións para actuar no Teatro Romea e, de paso, en Sabadell e Fraga (Huesca).
Isolino Canal tiña unha vontade de ferro e un carácter recto e enérxico, pero tamén un corazón de ouro, que lle permitiu, por exemplo, desaparecer da Coral tan discretamente coma cando entrou, sen facer ruído, a pesar de que foi unha vítima inxusta das liortas internas que tiveron lugar nun intre moi preciso -final dun ciclo- da vida de De Ruada. Isolino Canal continuou co seu labor de mestre.
En 1958 tivo lugar un acontecemento lutuoso que ía ter unha grande influencia na vida de Isolino Canal: a morte en estrañas circunstancias do seu fillo maior. José Luís participara, como paracaidista, na “Guerra Esquecida”, que culminou co asedio marroquí a Sidi Ifni a finais de 1957. En 1958, rematada a campaña africana, José Luís regresou á península para entregar as armas en Madrid e recoller a licencia. No proceso de entrega de armas disparouse unha delas, segundo a versión oficial, e José Luís faleceu no acto. A familia non puido recuperar o cadáver para trasladalo a Ourense e foi enterrado no cemiterio de La Almudena. Dende entón, a saúde de Isolino Canal, que xa era fráxil, foi decaendo de xeito significativo ata o seu falecemento, que tivo lugar o 15 de maio de 1960.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La inmoralidad de las pensiones
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: o solar Pompeo
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
El patio andaluz
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Las nuevas generaciones de la gente guapa y lo contrario
Lo último
PRODUCTOS CONTAMINANTES
El colapso de una antigua balsa de la mina de Monte Neme bloquea una carretera en Carballo
REFUERZO VERDE
Antonio Molina, segundo fichaje del Arenteiro