Opinión

Descubriendo a Javier Ortiz

Foi no Liceo, onde van todos os que queren un entorno especial para un evento singular. Así aconteceu o día 19 deste mes de setembro no salón noble desta sociedade cultural que cada día nos contaxia máis xenerosidade a todos. Un libro máis apresentouse en Ourense, pero nel, un periodista rara avis aparecía de súpeto nas vidas de moitos dos presentes ao acto. Dirixido por Xepe, pozo de sabiduría e elegancia, o editor Mikel Iturria falaba dun amigo que nos deixou antes do previsto. Javier Ortiz era moi novo para que a terra o acollese no 2009, con só 61 anos.

O camiño de Javier non foi doado. Así acontece cos defensores da liberdade de expresión. A mesma liberdade que hoxe corre un perigo que poucos denuncian e que otros moitos sofren. Pero este periodista, pouco coñecido, foi quen de rachar a súa relación co xornal El Mundo, cando xa non podía escreber como nun principio. Ou de facer ruído cun zapato, nun plató de televisión, cando non lle deixaban falar. Defensor dos que lles fechaban os xornais, aínda sen compartir as ideoloxías que neles se difundían. Un periodista singular e que co libro titulado “Talento e oficio de periodista” podemos descubrir.

Do acto non debo falar por ser participante activo do mesmo ofrecendo as miñas composicións, neste caso “Enleio”. Xepe convidou aos que podiamos aportar algo. Non sei se o logramos, pero seguro que o intentamos de corazón. Lembramos a un melómano escepcional, que según contan, tiña unha discoteca completísima. Persoalmente quédome co artigo que lle dedica a Chicho Sánchez Ferlosio, o músico e compositor irmao do escritor da novela “El Jarama”. Chico era un deses fenómenos que pasaban tempo correxindo erratas, frases mal construidas e erros gramaticais dalgúns periodistas que non invirten o tempo na lingua. Chegou a correxir un xornal de El Mundo de 84 páxinas nas que non deixaba títere con cabeza das tachaduras e faltas e disparates existentes. No libro podemos ler todo tipo de artigos de temas e personaxes pintorescos ou interesantes. Hoxe, na crise periodística existente, quixen lembrar a Javier Ortiz, despois de coñecer algo do seu traballo e da súa traxectoria como xornalista. Animo aos que non saiban del que visiten a súa web que tamén atende e dirixe Mikel Iturria, da editorial FOCA.

Te puede interesar