Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Onceavo, preveer y refranero
Levo na política activa 14 anos e considero que a miña traxectoria foi sempre indiscutiblemente democrática e conforme ao respecto aos dereitos humanos fundamentais.
Hai uns días, no debate en Comisión dunha iniciativa no Parlamento galego sobre a memoria democrática, fixen unha afirmación para confrontar a idea que, ao meu entender, se estaba a transmitir por parte dunha deputada socialista sobre que a Illa de San Simón en Redondela fora un lugar “onde se practicaron fusilamentos masivos, con centos de presos políticos mortos”.
Despois de escoitar a miña intervención, sorpréndeme a polvareda que se levantou sacando de contexto o que dixen, polo que véxome na obriga de clarexar o que realmente quería transmitir: na Illa de San Simón non se deron mortes por “fusilamentos masivos”. Porén, na refrega dialéctica do momento afirmei que “tampouco sabemos que, pola documentación que existe, houbese mortes na illa de San Simón”, esquecéndome de puntualizar que estaba a falar exclusivamente de mortes provocadas por “fusilamentos masivos”.
No meu ánimo nunca estivo ferir a sensibilidade de ninguén, e moito menos a dos represaliados do franquismo e a dos seus familiares
Sei e recoñezo publicamente que na Illa de San Simón morreron moitos represaliados, uns por fusilamentos, outros por falta de alimentos e outros por enfermidade.
Quero transmitir o meu pesar por este mal entendido e pola miña afirmación incompleta, que algúns están a utilizar de forma demagóxica. Pero tamén quero trasladar que no meu fuero interno estaba seguro de que as miñas palabras deran cumprida resposta ás falsas afirmacións que se fixeran na Comisión, pero á vista está que cometín un erro de expresión pola falta de concreción, que lamento fondamente.
Non son ningún negacionista da represión franquista, senón todo o contrario, polo que me afectan de xeito importante as acusacións que se están a facer sobre a miña persoa por un erro que recoñezo. Ademais, tendo en conta que a miña orixe política está en Celanova, vila que ten un gran mosteiro que foi utilizado como prisión central polo franquismo e polo que pasaron 8.000 presos, a quen o Goberno do meu partido político lles fixo unha homenaxe.
No meu ánimo nunca estivo ferir a sensibilidade de ninguén, e moito menos a dos represaliados do franquismo e a dos seus familiares. Polo que, se alguén o entendeu así, pido as máis sinceras desculpas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Onceavo, preveer y refranero
Juan José Feijóo
La judicatura en tela de juicio
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Obxectivo: mercar o voto
TINTA DE VERANO
Feliz cumpleaños
Lo último
"ESTÁ TODO MUY IGUALADO"
Álex Lorenzo, nuevo centrocampista de la UD Ourense: "La Liga nos marcará el camino"
BALNEOTERAPIA
Ourense se reivindica como capital del termalismo
MENOS OPCIONES DE BAÑO
El Concello cerrará las Termas do Muíño el día 30 de septiembre
ATRACO CON VIOLENCIA
Condenado siete años después por un robo tras estar huido en Holanda