Arturo Maneiro
Lucha intestina en el PSOE
Comecemos, hoxe, pola ausencia de Atheán. O meu amigo Anxo debe andar en cabilacións demoradas, en elevadas funcións da súa xerarquía ou, quizais, na procura da verdade. O certo é que non volveu falar comigo. Cómpre, pois, deixalo tranquilo. Non esquezamos que é de natureza celestial brillante, misteriosa. Resulta imposible determinar o grao da alma dos anxos. A dos seres humanos, spiritus vel animus, reside na mente, principìo activo de todos os estados psicolóxicos. Aínda que digamos que nos doe a alma, o que nos está rillando, por dentro, é a conciencia. Quen sabe por onde anda o animus de Atheán? En todo caso, a i-alma -como lle chamamos onda nós- non está localizada. Ben sei que Atheán é un animus bonus. Nil pode sempre a bondade. Ténmo demostrado.
Resulta imposible determinar o grao da alma dos anxos.
Precisamente foi Atheán quen me fixo reparar nun pensamento de Manuel Murguía, tirado do seu libro Los Precursores (1886). Así é como nos define o Patriarca: “... prudentes, valerosos e de grandes dotes intelectuais; tardos, si, pero seguros; indecisos, mais fecundos no intre no que se arriscan. Vese axiña que se trata dunha nación que aínda non se revelou a si mesma.” Ende ben, como afirmou Castelao, “seguimos sendo galegos por obra e graza do noso idioma.” Este mesmo principio guiou a un arxentino, nado en Buenos Aires a comezos do século XX; Francisco Luis Bernárdez. Este poeta, narrador, tradutor, xornalista e diplomático, mamou a nosa fala dos labios da súa avóa paterna no lugar de Bouzas, parroquia do Lago, concello de Maside. Il mesmo considerábase, “ arxentino polo nacemento, mais galego polo nobre sangue”. Paco Luis, como lle chamaron os seus amigos, tras dúas breves estancias en Galicia, radicou eiquí catro anos seguidos, de 1920 a 1924, entre Dacón, na casa dos seus devanceiros por parte de pai, e Vigo, onde traballou como xornalista en Faro de Vigo e El Pueblo Gallego. Revelouse na cidade de Ourense como literato. Nela frecuentou a Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas e, tamén, a Eugenio Montes, Dichi Fernández Mazas e outros escritores e artistas nas tertulias do café Royalty. Noriega Varela foi quen o puxo en contacto co portugués Teixeira de Pascoaes. Era daquela un mozo de vintepoucos anos, atrevido e cargado de ilusión, galeguista a carta cabal. En Compostela coñeceu ó pintor Carlos Maside. Viaxou a Madrid, para contactar con Cansinos Assens e a avangarda ultraista e saudar a Ramón María del Valle Inclán. Cando decidiu retornar a Buenos Aires, despedírono, en Vigo, Rafael Dieste, Ramón Cabanillas, o seu compatriota Amado Villar, Roberto Blanco Torres, Valentín Paz Andrade... Bernardez comezou unha nova andaina, na súa cidade natal, acompañado dos mellores da súa xeración; Borges, Marechal, César Tiempo, González Lanuza, Girondo, Norah Lange...
Nunca, endexamais, esqueceu a súa fidelidade a Galicia, á nosa lingua e cultura. En 1955 ingresou no Servizo Exterior do seu país. Nese mesmo ano foi nomeado conselleiro da Embaixada Arxentina en Madrid. Durante esta etapa, un lustro, intensificou relacións co grupo Galaxia; García Sabell, Piñeiro, Del Riego, os irmáns Isla Couto e estivo con Ramón Otero Pedrayo, en Trasalba.
Nunca, endexamais, esqueceu a súa fidelidade a Galicia, á nosa lingua e cultura.
En 1953, organizado polo Centro Galego de Buenos Aires, celébrouse o acto de presentación do libro A lingua galega en voces arxentinas. Volume que inclue o Discurso encol do idioma galego, escrito e pronumciado na nosa fala por Francisco Luis Bernárdez e mailo Idioma y poesía gallega, de González Carbalho, poeta e xornalista, tamén de estirpe galega.
Nesa fermosa peza oratoria, Paco Luis, di: “A lingua de Galiza xa ten o temple das armas que non poden ceder endexamais. Camiña polos cultos carreiros que conquistou na centuria pasada. Ela ha seguir adiante, nunha romaría que perdurará o que duren os tempos e as idades. E por se unha desas leis que os homes non comprendemos, imposta pola forza dun tirano, tratasen de impedilo, loitaremos xuntos. O pobo recollerá a súa lingua unha vez máis, no máis amoroso colo.”. Na Insua dos Poetas, lembramos ó patriota Paco Luis, en 2015. Alí está gravado na pedra o seu mandato; “ Dende unha fonte que se confunde coa do noso sangue, o idioma propio acompañou a Galiza ó longo da historia. A nosa fala é a nosa identidade total.” Leuno en voz alta Atheán, un día que alí estivo. O alento dos carballos inocentes foi ecoando en treboada, de pola en póla.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por tanto doctor
DE CAMBADOS A OURENSE
Condenado por dirigir una red de droga local pero absuelto del alijo de Perú
POSIBLE CONTAMINACIÓN
Axentes ambientais recolleron mostras do vertido na lagoa de Antela, en Sarreaus