O levaba dentro
PINGAS DE ORBALLO
Estaba sentado na fonte cando, nun amén, vin a un paisano correndo polo lugar abaixo. Ninguén sabía quen era aquel home. Ninguén sabía de onde procedía e, naquel momento, ninguén sabía por que corría nin cara a onde ía. O paisano apareceu un día de inverno na estación do ferrocarril de A súa expresión non semellaba precisamente a dun home disposto a facer amizades. Aí xa comezara o receo, a desconfianza: había uns cantos anos que non pasaban trens e, moito menos, que paraban nesa estación.
A súa expresión non semellaba precisamente a dun home disposto a facer amizades
Ninguén se atreveu a preguntarlle nada. A súa expresión non semellaba precisamente a dun home disposto a facer amizades, é dicir, que non era para facerse íntimo del. A súa equipaxe consistía nunha funda grande. Si, como esas das películas que albergan enormes rifles con mira telescópica. O primeiro pensamento de calquera que o vise era precisamente ese: un gánster, un matón, un mercenario, un cazarrecompensas, un asasino. O de asasino era, por suposto, pola expresión.
Como sempre fun curioso de nacemento -ou mellor dito, porque sempre quixen ser un pouco sabichón-, optei por seguilo a certa distancia, pero correndo, claro, porque el seguía correndo polo lugar abaixo. Non tardei en ver como se espía por completo e se mergullaba no lavadoiro da burga.
Como sempre fun atrevido -ou, máis ben, curioso e sabichón-, achegueime á funda para abrila e descubrir o que levaba dentro. El mirou para min. El berroume. Mirámonos os dous. Eu abrín a boca ó ver o que gardaba. El saíu furioso do lavadoiro. Eu fuxín a fume de carozo e cos latexos golpeándome, mancándome no peito.
Contenido patrocinado
También te puede interesar