Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Dalí
A TRIRITA
Ando a ler un libro importante, cando menos a min antóllaseme así. Titúlase “La persistencia de la memoria”. Escribiuno José María Lassalle. Trátase dun libro de memorias, como xa nolo suxire o seu título. O parangón que fai nel a conta de José María Aznar e máis de Federico Jimenez Losantos (paga a pena léelo) lévame a recordar as cartas de lord Chesterfield a Felipe Standhop, o seu fillo, sen que aínda saiba moi ben a razón que me empuxou a elo. Sempre que as lin interesáronme moito; tanto que me levaron á relectura de Rousseau, pero voulle a perdoar ó lector as conclusións ás que cheguei cando me puxen a comparalas.
Ven a conto, o dito no parágrafo precedente, porque as memorias de José María Lassalle (tamén sen que saiba a razón que me empuxou a elo) fixeron que, logo de tanto tempo sen visitalas, buscara as de Sándor Márai. Levei un alegrón porque fun directamente ó andel onde supuña que estarían e efectivamente alí estaban: na segunda fila duns andeis ateigados de libros. Aínda gardo bastante boa memoria coa literatura que máis amo, a de Sándor Márai entre todas elas... que tampouco lles son moitas. No caso deste húngaro, suicidado ós 89 anos, son doce libriños os que aboiaron poñéndose ó meu acado no meu lugar de traballo. O libro é “Diarios 1984-1989”.
Buscaba os “Diarios” pra reler os parágrafos nos que este home de oitenta e tantos anos describe a súa muller dicindo dela o fermosa que seguía sendo, o prácida e merecidamente que durmía, permitíndolle ó improbable lector dos seus diarios constatar ó namorado dela que seguía o noso autor. Eu, que me vou asomando a esa idade que el tiña na ocasión, tomei a descrición do seu amor con certo distanciamento, algún sarcasmo e disimulada ironía; ou iso se me antollou a mín. O libro ó que me refiro foi publicado no 2002. En agosto dese ano, ardera a adega de equipaxes do avión no que regresaba de Australia e, chegado o Nadal, servidor xa estaba só. Consumirase outro lume dun xeito que non se diría inesperado. A muller de Sándor Márai morreu o cuarto día de xaneiro do 1986. En xaneiro do 1989 Sándor Marái pegouse un tiro na tempa, ó longo deses anos anunciara a intención de facelo ó recordar á súa muller día a día.
Se alguén sospeita a razón de que teime en frecuentar libros de memorias, chegada esta idade tan serodia como entretida, xa pode ir dándome unha explicación porque, por moito que a imaxine, non o dou nin comprendido ni moito menos explicado.
Xa me dirá algún lector amigo que terá que ver o libro de Lassalle coa peripecia literaria e vital do escritor húngaro cuxa lectura tanto recomendaba, recomendei e volvo recomendar ós meus amigos. Léano fagan caso. Se alguén sospeita a razón de que teime en frecuentar libros de memorias, chegada esta idade tan serodia como entretida, xa pode ir dándome unha explicación porque, por moito que a imaxine, non o dou nin comprendido ni moito menos explicado.
O caso é que moito frecuento as vidas alleas, maiormente aquelas que se nos ofrecen por escrito. Quizás sexa debido á información que nos ofrecen sobre os tempos vividos polos autores, en tanto que un non entende de todo ós propios que está vivindo. Os entenden os lectores? É de supor que si. Se un le eses wasap nos que interveñen xentes dunha banda e doutra do espectro político que nos acompaña, verá que por unha banda están as esquerdas e as dereitas, secundadas polas súas posicións extremas; pola outra, as posicións que illadamente cumpren cada unha desas dúas primeiras e logo, e tamén de xeito illado, a que desenvolven cada unha das máis extremas que, cando menos pola dereita, da toda a impresión (imposible describir outra) de ser unha e compacta, mentres que a esquerda ofrece unha sopa de letras máis abundante que as distintas variacións xurdidas do conxunto LGTBi operantes, mediática e alegremente, escindidas en máis cabezas ca unha hidra de auga doce.
En resume, que veñen tempos “entretidos” vendo como os aproveitan eses pescadores de caña que non respectan, nin están dispostos a respectar, as vedas; moito menos aínda os días serenos nos que a carencia deses días, avoltos e revoltos, os levan a permanecer nos seus tobos como fai esa marmota que en Punxusutwney sae do seu e se non lle gusta a propia sombra da media volta pra se entobar de novo. Calquera diría que o destes sexa cousa da súa e propia mala sombra. Agora entendo por que me fai ben a lectura do libro de Lassalle.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último