Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
A vida dunha cidade atópase marcada por diversas circunstancias: actividades económicas, industriais, históricas, relixiosas, artísticas de orde social, económico, cultural, et.
No presente traballo non pretendo facer un percorrido pola historia desta vella e soleira sociedade, recreativa - cultural, Liceo de Ourense, por entender que persoas máis salientables, nun pasado, destacaron e exaltaron todos e cada un dos aspectos máis importantes desta vedraña institución cultural tan ligada ca nosa bela Auria; nembargante chegado os tempos actuais e, tal vez, por pouco coñecida atrévome, como amante do arte e socio ademais e admirador desta querida e singular institución aportar o meu modesto grao de arena en favor desta singular entidade, sen ánimo de lucro, polo que limitareime a facer un pequeno relatorios relacionado ca interesante e permanente exposición de pintura existente distribuída no interior do edificio, tanto para o deleite dos propios socios como de todos aqueles visitantes que se achegan a coñecer este singular espazo monumental e expositivo.
Todos sabemos as dificultades que, en nalgúns casos, teñen os pintores para amosar cara ó público as súas creacións artísticas como para a venta das súas obras polo que moitas delas permanecen abandonadas ou esquecidas polos autores no interior dos seus obradoiros resultando altamente meritoria a labor do Liceo de Ourense ó facilitar a súa primeira planta do espazo de columnas como espazo expositivo, adquirindo ou ben admitindo, de xeito xeneroso, a doazón dalgunha das obras expostas. Desta circunstancia xurdiu a ampla colección pictórica que, a traveso dos anos, de xeito paseniño, enriqueceron á sociedade que, de seguido, tentarei brevemente clasificar dentro delas as mais salientables.
Manuel Prego de Oliver atópase presente con cinco acuarelas de corte romántico, un retrato do seu fillo Ricardo e acuarela romántica de tres parellas con roupa señorial e retrato dun muchacho acompañado dun can. José Luís de Dios: representa un escorzo de muller espida na bañeira. Nelson Zumel: Paisaxe ca campestre de estilo impresionista. Xaime Quesada: Bucólico: Neno sentado descalzo e composición tradicional de corte rural ademais dun retrato de medio corpo dunha nai mailo seu fillo e outro de medio corpo e neno descalzo cun flutín. Arturo Baltar: Escena personaxe do rural galego, nun domingo de Ramos. Parada Justel: Retrato de medio corpo do Pai Feijoo. Javier Varela: Retrato no realista dun home sentado. Romero Solana: Mariña, paisaxe mariño. Manuel Romero: Praza Obradoiro, obra maiormente abstrato. Vázquez Ortego: Paisaxe. Pily Abella: Paisaxe dun porto ó anoitecer. Ramón Buch: Oito obra de corte romántico expostas no patio de columnas. Miguel Ángel Jimenez Manteca: Bodegón no realista. Virxilio Fernández Cañedo: Composición no realista con escenas del mundo rural. Ángel Huete: Composición abstracta. Salomé Álvarez Deza: Pescadores. Buciños: Personaxe masculino con aperos de labranza. Acisclo Manzano: Personaxe.masculino. Buciños: Corte rural: personaxe masculino.con aperos de labranza. Carlos Bóveda: Dona: Retrato de muller con arquitectura de fondo. Xavier Pousa: Paisaxe. Miguel Ángel Martínez Coello: Gaiteiro: Non realista. Retrato de neno. Maite Vázquez: Estilo impresionista: Catedral de Ourense. Porta Sur. Baldomero Moreiras: Tríptico. Lina Araújo: Personaxes masculinos falando entre eles. Gonzalo Pérez Rielo: Paisaxe. Manuel Vidal: Paisaxe. Carlos Vello: Retrato de gaiteiro. Bonifacio Carlos Pérez Uriarte: Paisaxe: Aredores de Tarragona e masía e igrexa. Gonzalo Pérez Rielo: Paisaxe costeiro. Antonio Palazón Oncina: Bodegón. Javier Varela Guillot: Paisaxes e retrato de medio corpo de muller.
Pintores soltos: Elena Malleira, Muguerza Cuenca, Uxía Veiga, Marita Fernández, Rosa Núñez, Rafael Martínez Calvo, Elsa Insua, Julio Creo Ramallo, Francisco López Gancedo, Jesús Calabuig, Xosé Antón, Pilar Díez, Francisco Rodríguez, Ramón Irago Silva V. Guerrero, Alexandro e outros autores cas súas obras sen valora de tipo comercial.
Dando remate o presente traballo teño que agradecer sinceramente a importante axuda prestada polos membros da xunta directiva do Liceo, de modo especial, ó seu xerente Antonio Troitiña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”