Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
Un par de amigos charlaban nunha cafetería sobre a claridade brillante que entraba ata o fondo do local por aquela enorme cristaleira de cristais grosos, miraban para o exterior con ánimo de saír e andar por aquel xardín, onde todo brotaba. Brotaban as árbores, as roseiras, as froiteiras, os carreiros de andar de terra e de terra moura, as silveiras e a herba recortada, onde se deitaban os novos e por onde corrían sen parada moitos cadelos. Os amigos miraban e entretíñanse vendo pasar a xente e calculando por aproximación a idade de cadaquén. “Aquela loura que vai co neno é a avoa; o que vén coa cadela branca é do barrio, terá os corenta e segue no paro; e aqueles que andan paseniño con cadanseu libro nas mans, son máis vellos ca nós”.
Coñecían a todos os que se movían, menos aos dous que estaban diante deles tomando café como eles. -Cando sexamos maiores como eses que beben café, teremos tantas ganas de falar como as que teñen eles? -Naturalmente, amigo! Ah! O cristal fai de espello. -Efectivamente, vámonos! Marcharon e atopáronse decontado con Xoán, que acababa de presentarse a unha selección para un concurso televisivo nun hotel das proximidades, quen lles conta con certa incredulidade que non puido dicir que vai gastar nunha viaxe os hipotéticos cartos do premio. Ao parecer están fartos de que todos digan o mesmo e se mostren orgullosos das súas viaxes ás Quimbambas ou á Conchinchina.
“Para alí mandaremos aos políticos da actualidade, que vaian e que se queden”, din os amigos da cafetería, de camiño que van para a casa, repasando entre os dous a actividade política electoral, un verdadeiro concurso no que os concursantes ganadores poderán gastar os cartos do premio na estupidez que máis lles interese, na idiotez que tanto aprecian ou, mesmo, nunha vía de comunicación rápida, por terra, mar e aire, que una Conchinchina coas Quimbambas.
Mentres tanto Galicia segue quebrando e os “representantes” do pobo bruando polas esquinas, de mar a mar, larapetando e baduando sen parar. Tampouco se recoñecen no espello. Que mágoa que, de non ser o seu embigo, non teñan para onde mirar, que non teñan de que falar, que non saiban que o seu non é o embigo do mundo. Á Tía Manuela dóelle e, tan reflexiva como é ela, chora seguido porque “estou morta de pena”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No era para tanto esto del mar
CLAVE GALICIA
Abel a toda pantalla
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A mesquita de Guitiriz, unha curiosidade bélica recente
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere un joven motorista tras chocar contra un muro en Vilalba
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 11 de julio?