Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
“Enchoupados”
A pandemia e o confinamento, por mor dela, fixo estragos en moitas casas, en familias xa derramadas pola situación difícil, incomprensíbel e certa; desarmou sistemas de equilibrio social, puxo en marcha medios de enriquecemento duns poucos e obrigoulles a moitos a reflexionar sobre aquelo no que querían afondar e meditar, do que querían escribir, falar e divulgar. Aproveitando a retirada e a permanencia na casa, aquel que foi un dos máis destacados políticos galegos na historia recente de Galicia, Víctor M. Vázquez Portomeñe, puxo nas librerías do pais, nas redes socias e nos recantos literarios que nos quedan, “Brianda de Moás”.
Unha magnífica crónica na que mestura o real co imaxinario, coa que narra, cunha fermosa prosa, acontecementos ben coñecidos polos andares da historia desta Galicia nosa ou desta nosa Galiza. Que máis dá! O autor conta, na publicación da Editorial Hércules, como un galego segundón, nado nunha familia sen nobreza polos anos do último terzo do século VIII, vai ser testemuña e relator en primeira persoa dunha auténtica saga de amores e batallas diversas.
Estamos diante do froito da actividade pensada, meditada, escrita e presentada por un intelectual que exerceu e que o fixo ben como político, para recrearse agora nos seus éxitos literarios. “Brianda de Moás” aparece despois doutra obra da mesma editorial, na que o mesmo autor conta como el viviu os aconteceres sociais e políticos da historia recente de Galicia.
Probablemente, o fito máis importante deste período histórico fose o Xacobeo, ese proxecto de Vázquez Portomeñe que o obrigou a ser “testemuña e parte”. Pero, quen era Brianda de Moás? Nos congresos sobre o Camiño, nas cátedras do Camiño, nos foros máis diversos e nos altares xacobeos xa se fala dela.
As súas son terras dos territorios de Galicia de hai máis de mil anos, de Taboada, Chantada e Rodeiro, de Ourense e O Saviñao, de Terra de Lemos, do Incio, Sarria e Samos. Terras de romeiros e de “batallas esquecidas”. Historia, lecturas e vivencias mestúranse nesta novela descritiva, documentada e con trazos perfectos nos eidos da xeografía. Eidos con sucos de historia auténtica, guiados polo esplendor dos camiños que acaban en Santiago de Compostela. Aí o vemos, o seu final, a meta, está na súa orixe. Xa o dixo a Tía Manuela, “o Camiño vai seguindo e remarcando as pegadas da historia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
“Enchoupados”
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Los ourensanos en el Tercio de Gallegos que defendió Buenos Aires
Jorge Ron
LA OPINIÓN
Mejor tarde…
Antonio Casado
Fallido funeral de Estado
Lo último
TALENTO PRECOZ
La fiesta del cross gallego brilló en Ribadavia
TRUMP AMENAZÓ CON ARANCELES
Bruselas trabaja con Google los cambios que le impondrá para cumplir con la ley de mercados digitales
LIBRE COMERCIO HISTÓRICO
Unión Europea y la India cierran un acuerdo comercial histórico de 2.000 millones