A maior actividade e a inflación, elementos clave
O incremento da recadación tributaria correspóndese, en liñas xerais, co aumento dos ingresos tributarios aos que asistimos nos últimos catro anos estimándose ademais que siga en fase alcista nos vindeiros meses .
Factores de índole económica e técnica inflúen neste incremento que comezou no 2020 coincidindo coa fase de recuperación do consumo e da actividade económica e o cambio social que se produciu por parte de moitos axentes sociais que prexudicados directamente por formar parte da cara escura da economía, incrementaron facturación, bases de cotización, contratación… O incremento do comercio electrónico e a xeneralización de métodos de pago con tarxeta bancaria substituíndo ao efectivo, derivou nunha mellora da cifra de resultados de moitas actividades.
Dende entón, a recadación tributaria aumenta por diversos motivos que inciden directamente nun ou en varios impostos. Os cambios de normativas fiscais, a modificación de diversos tipos de gravame, devolucións motivadas por sentencias xudiciais son algún dos factores que inflúen na recadación, se ben, o volume da actividade ( compoñente real ) e a incidencia da inflación (compoñente precios) son os elementos clave no incremento dos ingresos tributarios.
A economía da provincia non é allea a este incremento recadatorio e á elevación dos ingresos procedentes do IRPF ( retencións de rendementos do traballo, de alugueres e pagos fraccionados das actividades). O imposto sobre a renda de non residentes e o IVA están detrás deste aumento no primeiro semestre do ano sendo previsible, polo calendario tributario, que no seguinte mes cobre protagonismo o imposto sobre sociedades cuxo prazo rematou no mes de xullo.
Pero a carga fiscal que soportan tanto as empresas como as familias non só é a que provén dos impostos tales como IRPF, IVA, recollida de lixo, primas de seguros…Non hai que esquecer a aportación á Seguridade Social que tanto traballadores como empresas fan de xeito mensual e que supón unha presión importante para todos os operadores económicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último