Sara Arias Fraiz
DIARIO LEGAL
O teletraballo como cláusula contractual, análise e límites
DIARIO LEGAL
A pandemia, marcou un antes e un despóis, coa implantación progresiva do traballo a distancia e abriu ás portas da súa consolidación, pero, ¿ata onde pode esixir a empresa o retorno á presencialidade unha vez que este xa está instaurado?
O retorno ao traballo presencial xa non pode entenderse, como un simple exercicio da facultade de dirección do empresario"
Debido á situación vivida, concebiuse o teletraballo como unha ferramenta organizativa sometida ás necesidades empresariáis, pero coa súa evolución, os tribunáis viñeron consolidando unha interpretación que integra esta modalidade no contido obligacional do contrato. En consecuencia, o retorno ao traballo presencial xa non pode entenderse, como un simple exercicio da facultade de dirección do empresario; pola contra, debe considerarse unha decisión legalmente condicionada polos termos acordados.
O principio de voluntariedade é un dos pilares fundamentais que asiste á Lei 10/2021, de traballo a distancia, requerindo necesariamente o acordo de ambas partes, xa que non pode impoñerse unilateralmente. O lexislador busca que nese acordo entre as partes, establezan extremos tales como o porcentaxe de teletraballo e presencialidade ou a distribución da xornada.
Isto provocou que a xurisprudencia rexeitara cláusulas que permiten a unha empresa modificar as condicións do traballo a distancia ao seu propio criterio, declarando nulas cláusulas que facultaban ás empresas para esixir que ata o 20 % do traballo se realizase de xeito presencial, baseándose en necesidades organizativas. O tribunal argumentou que tal cláusula anulaba, na práctica, a obriga legal de especificar a porcentaxe exacta de traballo a distancia e outorgaba á empresa unha prerrogativa incompatible coa natureza pactada do teletraballo. A conclusión é clara: o traballo a distancia constitúe unha condición contractual, non unha mera variable organizativa suxeita a modificación unilateral, pero sen esquecer que o principio de voluntariedade opera en ambos sentidos. Nin a empresa pode esixir a volta á presencialidade nin o traballador/a esixir facelo en modalidade a distancia.
Un dos aspectos que xerou máis conflito é o relativo ao alcance do dereito de reversibilidade previsto na normativa. O Tribunal Supremo, pronunciouse rexeitando expresamente a noción de que a reversibilidade poida interpretarse como unha prerrogativa autónoma e ilimitada, e afirma que o seu exercicio debe estar suxeito aos termos establecidos mediante a negociación colectiva ou nun acordo individual, considerando válidas cláusulas que establecen motivos obxectivos para a rescisión, sempre que exista reciprocidade e non se lle conceda a ningunha das partes facultade discrecional.
O anterior non quere dicir que calquera esixencia de asistencia presencial sexa ilícita. Recentes pronunciamentos, consideran lícito incluír cláusulas que obriguen ao traballador a asistir a reunións ou accións formativas de xeito presencial, ou a desprazarse como parte das súas funcións laborais, sempre que se notifique con antelación. Tamén considera válido voltar á presencialidade cando incidencias técnicas imposibiliten faceloe n modalidade remota.
Polo tanto, un retorno ocasional e extraordinario ao traballo presencial non constitúe unha verdadeira reversión do teletraballo, nin supón unha modificación substancial das condicións laborais. O factor clave é que tales situacións non implican unha alteración estrutural da modalidade acordada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sara Arias Fraiz
DIARIO LEGAL
O teletraballo como cláusula contractual, análise e límites
BITÁCORA DE CAMPAÑA - DÍA 3
Miénteme como mienten los amantes
Benito Iglesias
El “llave en mano” de Alfonso Rueda
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Infancia desprotegida
Lo último
DESBORDAMIENTOS E INUNDACIONES
La lluvia provoca el colapso de los accesos a San Vicente y O Robledo
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 16 de noviembre?
INTENSAS LLUVIAS
Ourense registra el octavo día más lluvioso del siglo