Manuel Fernández Ordóñez
¿Qué pasa con la nuclear de Almaraz?
DENDE SEIXO-ALBO
Vivimos dende hai moitos anos en democracia e aínda que esta nunca esta é perfecta, pois sempre hai chatas e xentes que din que isto é unha ditadura, o certo é que podemos estar orgullosos de desfrutar de moitas liberdades das que, os máis maiores, non gozamos antes da transición de 1976. Máis pensando ben, o réxime democrático ten moitas debilidades, pois permítelles ós que loitan contra a democracia ter unha serie de vantaxes que nas ditaduras eles lles prohiben ó conxunto dos cidadáns. Nestes últimos tempos están a chegar ó poder persoas que por teren moita labia dinlle ós cidadáns o que eles queren ouvir; prometen o imposibel, aínda que despois todo o que fan deixa ás claras que o que comprometeron foi unha gran mentira.
Todo unha farsa. Exemplos hai moitos pois deixaron escola do que son as grandes manipulacións. Mais a día de hoxe hai dous persoeiros que me chaman moito a atención. Un foi o caso do finado Fidel Castro que chegou ó poder pra derrubar a un ditador e instaurar unha democracia, logo fixo todo o contrario, pois impuxo unha ditadura comunista sen preguntarlle ós cidadáns si eso era que querían. Hai uns días o goberno cubano anunciou que liberará a 2.000 presos, a maioría comúns, das cadeas da illa, deixando dentro ós que eles chaman disidentes ou políticos. Este anuncio pon en evidencia ós sectores que se sitúan á esquerda do PSOE, pois sempre defenderon ó réxime dos Castro e negaron que fora unha ditadura. Outro exemplo é o do ególatra e narcisista Donald Trump que, con moita labia, hoxe trae ó mundo de cabeza. Este supremacista e aspirante a ditador, está a facer todo o contrario do que prometeu. Dixo que non metería os EEUU en novas guerras, e xa vemos nas leas que anda. Polo que pretende ser un rei do mundo sen coroa.
Ver o presidente dos Estados Unidos rodeado de predicadores que lle piden a Deus que lle de forza pra saír vitorioso dunha guerra que el provocou, lévame a lembrar os tempos das cruzadas
Ben sei que hai máis deste tipo de persoeiros ciscados polo mundo facendo das súas. Xente con moi poucos escrúpulos que aspiran a controlar o planeta e as persoas que nel vivimos. Dixen ó comenzo que a democracia é un réxime moi débil, que ten moitas fisuras pra ser atacada dende dentro polos que queren desfacela. Que hai xente con moita labia que engana ás masas dicíndolle o que lles gusta escoitar, e que logo, subidos ó poder, fan todo o contrario do que prometeron. As xentes que vivimos en democracia, moitas veces entramos na dinámica destes charlatáns que sempre falan de baixar impostos, cando sabemos que o estado de benestar ten que nutrirse dalgunha maneira si é que queremos ter bos servizos públicos. Os dous exemplos que sinalei poden valernos pra reflexionar e non crerlle a estes apóstolos que ofertan o ouro e o mouro. Pois son a representación do esperpento máis sonoro que podíamos maxinar. Si, un esperpento onde a realidade supera á ficción.
Ver o presidente dos Estados Unidos rodeado de predicadores que lle piden a Deus que lle de forza pra saír vitorioso dunha guerra que el provocou, lévame a lembrar os tempos das cruzadas nas que a relixión era o estandarte e a xustificación da confrontación. Ver como o israelí desfai casas e mata a xente ou promulgan leis de axustizamento para os palestinos, mentres para os israelís son moito mais suaves, mete medo e sinala a catadura moral desta xente. Vivimos tempos nos que debido á tecnoloxía, a manipulación das masas mediante a palabra e a adulteración de imaxes, ditos e noticias falsas lévanos a un mundo programado e gobernado polos donos desas grandes plataformas que o emporcan todo co único obxectivo de facerse moito máis ricos.
En fin, a democracia é un réxime que ten moitas virtudes, e que soamente cando se perde e chega a ditadura, decatámonos do bo que é vivir nel. Así que ollo con toda esta xentiña que prometen o que logo non farán. Mellor, que prometen unha cousa e logo fan a contraria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Fernández Ordóñez
¿Qué pasa con la nuclear de Almaraz?
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Apóstolos do balón
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Su señora de usted
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Cando a ansia manda
Lo último
FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ
Pulo promocional para a literatura e autores de Terra de Celanova
MELLORA NO ABASTECEMENTO
Sandiás inviste 70.000 euros na depuradora de Cerredelo
La Región
Abuelos con fragancia de jazmín