Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Titulaba días pasados, nesta mesma sección, un excelente articulista de La Región: “Seica mentir non é delito”. Este titular o argumentaba o articulista baixo o argumento de que “vivimos no tempo das trolas e das medias verdades… Mentir, salvo diante da xustiza, seica non é delito…”. Eu, dentro do mesmo contexto, opino que mentir -sen descartar que sexa delito- si é pecado; porque tendo antecedentes de sancristán e monaguillo sempre estiven interesado na salvación na alma a través de Deus, que o corpo e a convivencia xa o protexen os humanos neste mundo. Por iso lin “El Catecismo del Padre Astete”, que no octavo mandamento di textualmente: “No levantar falso testimonio ni mentir”. Mentir é pecado. O delito non o sei, e en calquera caso que o xulgue a xustiza.
Na lexislatura sanchista do Goberno Frankenstein a mentira nin é delito nin é pecado, nin diante da xustiza, querido articulista do “seica mentir non é delito”
Cando Aldama asegura que “pagó cuatro millones a Ábalos y Koldo, y que Sánchez lo sabía todo”, e négase a maior, parece que non é delito, cando non estamos diante dunha banalidade. Pero non é delito nin para quen acusa nin para quen nega a acusación, o acusado. Por iso respecto ao articulista que “dubitativamente” afirma “seica mentir non é delito, salvo diante da xustiza. Delito non será, agás esa salvedade, pero pecador ten que habelo. Non serven medias tintas ante Deus.
Cando o presidente Sánchez Pérez-Castejón pronunciou publicamente: “De quién depende la fiscalía? Pues eso”, cando a Fiscalía tería que rexerse polo principio de legalidade, aínda sendo nomeada polo Goberno de turno, o de delito si pero non, ou non pero si. E as probas remítome trala información certa de que a Fiscalía rexeita que o ex-Secretario de Organización socialista -Santos Cerdán-, actualmente en prisión, puidera incorrer en falsa testemuña na comisión de investigación no caso Koldo do Senado: “La Fiscalía no ve delito de falso testimonio de Cerdán por mentir ante la comisión del caso Koldo del Senado”. Polo conseguinte no é que mentir “seica non é delito”. Non o é segundo a Fiscalía, a mesma que ten que rexerse polo principio de legalidade. Non se estrañe articulista…, que cousas veredes.
Continuarei lendo o “Catecismo del Padre Astete”, para ter conciencia do que é pecado, e inhibirme das resolucións da Fiscalía neste caso, ao tempo que saio convencido que mentir é pecado; aínda que para os progresistas “seica non é delito”. Recordan quen se pronunciou do seguinte tenor: “En política no se pide perdón, se dimite”. Pois si, foi o mesmo presidente do Goberno, Sánchez, ao que recordo pedir perdón en varias ocasións. Pero a dimisión? A penúltima -a última sempre está por chegar, e chegará- é que “Alemania destapa otra mentira de Sánchez. No hay pacto alguno para oficializar el catalán en Europa”. Para que seguir…, se nin delito, nin pecado, nin perdón, nin dimisión.
Na lexislatura sanchista do Goberno Frankenstein a mentira nin é delito nin é pecado, nin diante da xustiza, querido articulista do “seica mentir non é delito”. Aínda máis! Os grandes próceres políticos deste país menten tanto e con tanto disimulo que só se sonroxan cando din a verdade. Que falar de delitos nin de pecados…, sexan diante da xustiza ou non. Eu, con máis motivo, farei caso ao “Catecismo del Padre Astete”: Mentir non será, nalgúns casos, delito; pero é pecado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras