Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Torrente Presidente también gobierna Ourense
En Ourense, cando se fala do campo, non se fala dun “sector” coma quen fala dunha estatística. Fálase de xente con nome e apelidos. Do veciño que madruga máis ca o sol. Da familia que decidíu buscar o seu pan na aldeã porque alguén ten que manter a leira en pé. Por iso, co de Mercosur, aquí hai algo que che cheira raro dende lonxe: véndeno como oportunidade e progreso, pero o que moitos escoitan é “abaratar” e “sacrificar”, como se o rural fose sempre a moeda pequena do peto.
Porque competir… sí, claro. Pero ¿competir con qué regras? O de aquí prodúcese coas normas europeas enriba da mesa: controis, permisos, trazabilidade, restricións, investimentos e máis investimentos. E mentres, pretenden que entre produto de fóra a prezo de saldo, feito con condicións distintas. Iso non é libre mercado: é facer a conta dos prezos sen facer a conta das esixencias. E así, claro, calquera gaña… menos o que cumpre.
Se entra máis barato, o primeiro que cae é o prezo en orixe. E cando o prezo cae, o que cae despois é a explotación. E cando pecha unha explotación, non se pecha só unha porta: pérdese traballo, pérdese vida, pérdese territorio xa de por sí, en Ourense, deshabitado. Logo veñen as campañas falando da “España baleirada”, coma se fose un fenómeno meteorolóxico. Pero non: o rural non se baleira só. Empúrrano a base de apertar por arriba e pagar por abaixo.
E os viños, dende Valdeorras ao Ribeiro, feitos moitas veces en pendentes que xa só miralas cansan a un. Iso non é un capricho gourmet nin unha etiqueta fermosa: é traballo, coidado e identidade.
E se algo está facendo ben o campo nestas mobilizacións é a forma. Sen disturbios. Sen ir buscando o titular fácil. Sen montar un circo. Con firmeza, sí, pero con esa dignidade tranquila de quen sabe que leva razón e non precisa berrar máis do necesario. Iso, a cidadanía está a percibilo. Por iso se gañaron o cariño e o respecto do pobo: porque non piden aplausos, piden non desaparecer.
E tamén porque en Ourense sabemos o que hai. Na Praza de Abastos, no mercado, nas feiras, na conversa de bar: todos distinguen o produto de aquí. Freitas e verduras que saben a campo. A carne que alimenta. O leite, os queixos, a horta cando toca, o mel, a castaña. E os viños, dende Valdeorras ao Ribeiro, feitos moitas veces en pendentes que xa só miralas cansan a un. Iso non é un capricho gourmet nin unha etiqueta fermosa: é traballo, coidado e identidade. E iso non se substitúe con mercancía que atravesa medio mundo para abaratar un par de céntimos no ticket. Non obstante a decisión final témola os consumidores.
O que se pide é sinxelo e razoable: reciprocidade. Se aquí hai normas, que se esixan tamén ao que entra. Se aquí hai controis, que sexan reais e non de escaparate. Se aquí se fala tanto de sustentabilidade, que non se premie o que vén de lonxe e máis barato por facer o contrario do que se lle obriga ao noso. E, xa de paso, menos burocracia de trámite eterno e máis apoio de verdade: relevo xeracional, servizos no rural, asesoramento, infraestruturas, vivenda… Porque non se pode pedir que a xente quede na aldea e ao mesmo tempo poñerlle unha carreira de obstáculos cada mes.
En Ourense témolo claro. O campo non é unha postal nin un recordo. É alimento, é economía, é paisaxe viva. E cando os agricultores protestan con calma, sen romper nada, están facendo algo moi serio: están avisando. Se os deixamos sós, o día que falte o rural, xa non haberá acordo ningún que o arranxe. E entón si que será tarde para dicir que “non o vimos vir”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Torrente Presidente también gobierna Ourense
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Día de San Patricio
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Se cumplen 60 años del gran triunfo del teatro juvenil de Ourense con “Donadieu”
Jorge Ron
LA OPINIÓN
Pies en el suelo
Lo último