Manuel Orío
RECORTES
El modo de hacer justicia
A poboación mundial vai a máis. Segundo os datos aportados pola ONU (Nacións Unidas) somos máis de sete mil setecentos millóns de persoas no mundo, das que o 49,5% son mulleres. As previsións din que para o ano 2050 o mundo dará acubillo a dous mil millóns máis e, en 2100 poderán ser once mil millóns de persoas as que vivan e malvivan no planeta. En 1950 eran dous mil seiscentos millóns.
</nav> </header> Os países con maior número de habitantes na actualidade son China, con máis de mil catrocentos millóns, e India, que se aproxima a esta enorme cantidade. Estados Unidos ten máis de trescentos millóns e Indonesia, Pakistán, Brasil e Nixeria superan os douscentos millóns de habitantes e con algúns menos, pero máis de cen millóns, están Bangladés, Rusia, México, Xapón, Etiopía, Filipinas e Exipto. Os máis poboados de Europa son, pola seguinte orde: Rusia, Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido, España e Ucrania.
E, que comerá tanta xente? Moitos deles, nada. Non teñen nada para comer e non poden beber auga, non teñen auga potable. No mundo, cerca de mil cincocentos millóns de cidadáns son pobres e, segundo algunhas ONG, os países desenvolvidos prestan pouca atención a este dato, cun desinterese que axuda e fomenta a desigualdade, permitindo o desaproveitamento de millóns de toneladas de alimentos. Cos víveres que se malgastan poderíanse alimentar millóns de persoas que teñen fame.
Moitos outros factores atrancan o desenvolvemento e axudan a xerar pobreza, entre eles aquelas grandes corporacións que se aproveitan da man de obra barata e necesitada, impedindo que o seu país despegue. Pero hai máis, a seca que impide a produción de alimentos, a deforestación que axuda á erosión e dificulta as colleitas; as enfermidades e epidemias, que aparecen aparentemente de repente e non se van nunca; a corrupción que se estende polos países ricos e, aínda máis, polos pobres; a enorme desigualdade no reparto dos recursos, quedando moitos sen nada e outros con todo ou case todo.
Tampouco hai que esquecer a maldade das guerras e os conflitos bélicos, que desfán o mundo, matan á poboación, encérrana en campos de concentración ou obrígana a fuxir. E, para eliminar ou reducir a pobreza, como di a Tía Manuela, “é necesario evitar tódalas desigualdades e discriminacións”, permitindo que tódalas muller e tódolos homes do mundo teñan as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Orío
RECORTES
El modo de hacer justicia
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Llamada para un estudio del Sergas
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Onceavo, preveer y refranero
Juan José Feijóo
La judicatura en tela de juicio
Lo último
VIVIENDA EXPERIMENTAL
Zara acerca su atmósfera a sus clientes invitándoles a un apartamento sin inquilinos
CLAUSURA DEL FESTIVAL
Concierto | Espectáculo de Luz Casal en el marco del Ou Yeah! 2026
asamblea de la ONU
Irán se reivindica como "víctima del terrorismo" de EEUU e Israel