Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Sen dúbida López Obrador foi un presidente que deixou pegada en México, tanto polo desenvolvemento económico acadado, como polas políticas favorábeis ás clases populares, e unhas relacións exteriores no que presenza de México foi importante e a prol dun mundo multipolar. Daquela que acabase seu mandato cun apoio do 62%... E todo fai pensar que Claudia Sheinbaum, a nova presidenta, tamén de Morena, afondará nas políticas progresistas, mesmo que non sexa doado, máxime cun veciño como os Estados Unidos buscando saír por calquera medio da súa crise de modelo.
Agora ben, López Obrador e Sheinbaum teñen antecedentes. Como é o caso de Lázaro Cárdenas que asumía a presidencia o 1 de decembro de 1934. Foron seis anos de governo que deixaron unha pegada moi forte na sociedade, e que son referencia na esquerda. Un dato previo: en 1930 os Estados Unidos de México tiña 16.552.000 habitantes, hoxe atinxe os 132 millóns de persoas. Cárdenas naceu no ano 1885 no estado de Michoacán, e en 1913 incorporouse á loita contra a ditadura de Huerta. No ano 1924 xa era xeneral de brigada e en 1928 xeneral de división. Combateu contra a rebelión dos “cristeros”.
Elixido como governador de Michoacán, de 1928-1932, Cárdenas destacou por tomar medidas a prol das clases populares, por exemplo no reparto de terras en explotación colectiva (ejidos), o que lle fará gañar prestixio popular. Lázaro Cárdenas sería elixido presidente de México, co arroupe de Elías Calles, que fóra presidente de México de 1924 a 1928, e considerado o “xefe máximo da Revolución”. Mais irase afastando del e impondo súa propia folla de ruta, cunha maior sensibilidade ás reivindicacións populares, e o abandono do anticlericalismo militante de Calles. No seu mandato creárase o Banco de México, ordenárase a construción de estradas, botarase a andar a primeira liña aérea, constrúense presas, sistemas de rego e numerosas escolas rurais.
A presidencia de Cárdenas foi moi personalista, mais os seus logros no económico e social deixaron no povo un pouso positivo.
Unha das súas primeiras medidas como presidente foi legalizar o Partido Comunista. No eido agrario entre 1935 e 1940 repartíronse unha media por ano de 2.935.000 hectáreas a 129.000 persoas; o número de empresas industriais duplicouse, a ocupación atinxiu os 390.000 obreiros/as, e a afiliación sindical triplicouse. Fíxose un esforzo especial pra eliminar o analfabetismo, e déuselle pulo á educación técnica superior. Porén, a decisión que tivo unha maior repercusión exterior e sobre a economía a longo prazo, foi a nacionalización do petróleo en marzo de 1938; un ano antes fixera o propio cos ferrocarrís.
Ademais salientou pola potenciación da distribución de terras, a mellora das condicións laborais e a sindicalización, o fortalecemento do ensino e saúde públicas, e pola protección aos exiliados da 2ª República (moitos deles galegos, como Elixio Rodríguez, Luís Soto, Carlos Velo, Gurriarán...). Non se pode ignorar que moitas medidas aprobadas estaban condicionadas pola crise económica de 1929. Tratábase polo tanto de desenvolver as bases dun capitalismo nacional, pra o que era esencial incorporar o campesiñado ao mercado produtivo, unha vez que o investimento exterior xa non cumpría ese papel.
A presidencia de Cárdenas foi moi personalista, mais os seus logros no económico e social deixaron no povo un pouso positivo. Contou cos sindicatos, alentou o reparto de terras e deu axudas pra súa explotación. Neste protagonismo sindical, no que destacou Lombardo Toledano, decaeu a partir de 1938. Dise que Cárdenas non loitou contra o capitalismo, senón que lle deu novas regras de funcionamento máis acordes coa realidade mexicana, por esa razón aumentaron tanto o investimento público como o privado durante seu governo. E sobre todo mellorou a situación do povo e este gañou en protagonismo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Miedo, silencio, chivatos
Jorge Ron
LA OPINIÓN
¿Cuánto quieres los play off?
Gonzalo Iglesias Sueiro
Ilustración oscura (NRx)
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
CIENCIA EN OURENSE
Del espacio al microscopio: la ciencia en Ourense tiene rostro de mujer