Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
O pasado día 12 de outubro celebrouse na Parroquia de San Pío X, no barrio de Mariñamansa, unha xornada intercultural na que participaron diversos colectivos de migrantes. Alí compartiron festa, convivencia, celebración eucarística e mesa fraterna xentes procedentes de República Dominicana, de Cuba, persoas de Colombia, de Venezuela e de Arxentina. Tamén participou con gran ledicia por parte de todos o colectivo de senegaleses que viven e traballan nesta terra irmá.
Nesa xuntanza quíxose manifestar e reivindicar que os “muros do medo” deben ser derribados. Sabemos que o ser humano é un “animal de fronteiras”. Marcamos o territorio que sentimos coma noso. Apropiámonos do espazo e protexémonos para que outros non no ocupen. Convertemos en propiedade persoal o que recibimos como agasallo e percibimos coma inimigo ao que ansía o mesmo ben. Estamos á defensiva.
Pensando que nos defendemos, encerrámonos tras os muros da desconfianza. Abrir as portas é un salto ao baleiro, pero pechalas é unha condena
Os países levantan muros, expulsan aos refuxiados a outras terras fóra das súas fronteiras, estenden aramados, cavan fosos para vivir na ilusión da inexpugnabilidade. Senten a obriga de ofertar aos seus cidadáns un mínimo de seguridade. Os individuos, cos nosos modelos medios, aplicamos estratexias semellantes. Recluímonos no coñecido e receamos do que vén de fora: o migrante, o refuxiado, o diferente…
Caemos na trampa do medo. Pensando que nos defendemos, encerrámonos tras os muros da desconfianza. Abrir as portas é un salto ao baleiro, pero pechalas é unha condena. O ser humano só é plenamente humano cando se abre, cando se relaciona, cando descubre no outro a un semellante e non a un estraño. Tal vez o receo que lle suscita non sexa máis que o reflexo dos seus propios fantasmas.
E por altos que sexan os muros que construamos non conseguirán desvanecer as nosas sombras; todo o contrario, aliméntanas. As barreiras non nos rescatan do medo, faino medrar. Converten ao outro nun presunto agresor. E tarde ou cedo sentirémonos na intemperie, porque ningunha muralla resiste o paso do tempo. E o que é peor, prisioneiros das nosas seguridades privamos a outros do imprescindible. En cambio, compartir o que presumiblemente nos pertence é cuestión de xustiza. Coñecer aos outro é amalo, respectalo. Acollelo é sandar a nosa inseguridade. Atender as súas necesidades supón reconciliarnos coa nosa vulnerabilidade. Saír dos nosos muros é o único camiño para ser plenamente humanos. Derrubar os muros do medo e da indiferenza é facer vida e compromiso aquelas palabras de Xesús de Nazaré: “Cando te vimos forasteiro e te hospedamos?.... Cada vez que o fixestes cun destes, meus irmáns máis pequenos, comigo fixéstelo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Ata o fin do mundo
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Os obreiros son poucos
Lo último
PLAZAS PARA MAYORES
Toén y Ribadavia se adelantan dentro del Plan de Residencias
ARRANQUE DE TEMPORADA
La premiere del COB en el Pazo
CONFLICTO EN EL PLENO
Luis Menor: “A Política non se pode converter nun circo”
OBISPO DE OURENSE
La Veracruz de O Carballiño tendrá un año santo jubilar