Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
9,5 años de resaca
Un sopro de aire fresco. Así definiría Mimosas, o filme de Oliver Laxe, que mañán poderá verse no Centro Comercial Pontevella de Ourense. O cineasta galego consegue tocar a fibra, sobe o nivel de intensidade coas imaxes finais e impacta. A secuencia última dos taxis, que na nosa memoria ha permanecer toda ela en sepia, coma esas fotos do pasado que miramos con certa nostalxia, non nola quitaremos da cabeza. Ese espazo xeográfico no que se desenvolve o relato captura a nosa atención con planos xerais que deixan ver a beleza natural da contorna.
No entanto, o efecto hipnótico ao que se nos induce, provén tamén dos actores, que realmente conmoven e conseguen algo fascinante: levarnos con eles por ese percorrido a través do val e das montañas ata o punto de nos esquecer do obxectivo desa viaxe. En efecto, o traslado do corpo do mestre mestre sufí falecido á súa aldea perde interese para nós e para os propios personaxes, que, lenemente, entran nun proceso de instrospección do que sairán, puntualmvente, para facer fronte aos perigos que se lles presentan, así é que saltaremos dun tempo vertical -a duración que percibimos na ollada dos personaxes, nese ritmo lento, propio dos procesos internos- ao horizontal, que é onde ten lugar a acción, máis facilmente identificábel para nós, porque é o tempo que interpretamos como real, na medida en que o carácter sucesivo do seu acontecer faino claramente visíbel. É o que coñecemos mellor, ese ir pasando as horas e os días da vida cotiá.
Por isto, ao meu ver, Mimosas, unha historia a medio camiño entre o western e unha road movie rural, sen vinganzas, como nas pelis do oeste máis clásicas, nin drogas ou fuxidas cara á adiante -algo moi común nos filmes de carreteira-, podería considerarse un western existencial, na medida en que se desenvolve entre dous mundos, o que situamos no espazo visíbel e o da conciencia.
Na fita do galego as aventuras nunca son pretenciosas, mais destacan algo que interesa especialmente a Laxe: a inocencia do protagonista. Hai nel un impulso kamikaze, determinado por ese entusiasmo liberador, que, como público, tanto lle agredecemos ao director, porque esta especie de este culto ao cinismo existente na sociedade actual, cansa enormemente. Mimosas é, polo tanto, tamén unha pregaria, como di o propio Laxe. Enerxía pura poderiamos engadir nós.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
9,5 años de resaca
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Entra en escena el juego sucio
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
La otra imagen de Óscar Puente en el trato personal
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Elisa Leonida
Lo último
Talento Mozo 2026-2027
Ourense contará con dos programas de empleo para jóvenes de entre 18 y 29 años
MÁS DE 7 AÑOS DE CÁRCEL
Condenado por agredir sexualmente a su nieta menor de edad en Pontevedra