¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
TÍA MANUELA
Naqueles tempos da infancia de moitos de nós, dos lectores deste xornal, ao sentarse para comer producíase un silencio absoluto naquel local, no piso do amigo ou na casa dalgún familiar. Todo quedaba en silencio e tódalas persoas arrimadas á mesa sabían de memoria o refrán: “ovella que fala, bocado que perde”. Efectivamente, se te distraes podías quedar con fame, naquel momento cando todos andaban apurados para encher a boca e a barriga, antes de ir ao traballo, ás clases ou á manifestación programada, como tódolos días.
Agora, nos novos tempos, cando a mesa está opulentamente servida, xa é outra cousa. A ciencia apoiándose en ferramentas de intelixencia artificial e en dispositivos biométricos, sensores de ritmo cardíaco, condutividade da pel ou expresión facial, indica as emocións das persoas mentres realizan prácticas gastronómicas habituais, en grupo ou en solitario. Trátase dun informe no que participaron investigadores da Universidade Rey Juan Carlos, da Sociedade Española de Neuroloxía e do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Fisiopatoloxía da Obesidade e Nutrición, do Instituto de Saúde Carlos III.
Segundo os investigadores, a cociña de cada casa é un lugar para cociñar, estar, falar, mirar, escoitar e sentir as emocións das lembranzas que traen esas receitas asociadas á memoria afectiva. Sen necesidade de recorrer ao traballo dos investigadores. Moitas persoas recordan aqueles sabores dos guisos, da tortilla e das filloas da avoa ou da nai. Son sabores herdados e que tanto prestaban e gustaban na infancia.
Os autores deste informe aseguran que as pantallas e o uso de teléfono móbil, un potente modificador da calidade sensorial e afectiva da experiencia alimentaria, non son boas compañías, nin para cociñar nin para comer. Tampouco é recomendable a soidade. Pola contra, aconsellan a compañía con alegría, xa que “o acompañamento social é o principal motor de benestar no fogar”.
Xa non ten importancia o refrán do comezo, como di a Tía Manuela, o importante é traelas verzas ou os grelos (se é da horta, mellor) lavalas, cortalas, metelas na pota con unto e coas patacas. Seguir o ditado da tradición. Cociñar, falar, aprender e comer, sen deixar de mirar uns para os ollos dos outros, de todos os que estean na mesa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Jaime Fernández Garrido
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Libres coa verdade
Lo último
RECOMENDACIONES PARA LOS VIAJEROS
Cambian los horarios de trenes en A Coruña desde el 11 de julio por las obras de la nueva estación
PRESIÓN EN VIVIENDA PROTEGIDA
Gráfico | La compraventa de viviendas cae un 1,8% en abril y suma cuatro meses de bajadas
IRREGULARIDADES CON FONDOS DE LA UE
Nueva investigación en el caso Begoña Gómez: el juez Peinado amplía la causa con dos posibles delitos