Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El autoengaño
Maio de 1970, dous mozos desprazábanse nun Citroën Dyani camiño de Lugo, non dixeron verba algunha en todo o recorrido. Os nervios non llo permitían a pesares da súa militancia comunista que lles daba a mesura dos que compren coa misión revolucionaria. O mandato era claro “Informar ao profesor Alonso Montero dos acordos acadados na xuntanza clandestina en Santiago sobre o proxecto de Lei Xeral de Educación que impulsaba o Ministro Villar Palasí”.
Os mozos quedaron impresionados pola capacidade analítica de Alonso Montero, que os recibiu na súa vivenda e, despois de escoitalos, expuxo a súa opinión sobre a futura Lei… Así foi como o Vello Milenario coñeceu ao intelectual máis comprometido con Galicia... a pesares dos problemas que tiña que afrontar. Nunca deixou de significarse na loita contra a ditadura en pro da Democracia, das liberdades da identidade do País, especialmente no mundo Cultural, destacando a loita polo idioma. Ninguén ten mais horas en defensa da Lingua Galega que este ensaísta, sociolingüista, poeta, orador…
O seu Informe Dramático sobre la Lengua Gallega produce un revulsivo entre os distintos sectores da sociedade, especialmente no nacionalismo “redentor”. Impulsor da alianza do movemento obreiro e os intelectuais introducindo o galego como lingua proletaria. Extraordinario orador (superando aos mellores), nunca deixou de militar no PCG e espallar desde o ideario dos grandes e xenerosos fillos inmortais da Galicia comprometida coa Historia. (O seu pesar o seu amigo e camarada Antón Tovar non viu recoñecida a súa calidade literaria por militar en el PCG).
Nunha chuvia pertinaz de sangue e dor, os fascistas descargaron o odio contra os bos e xenerosos. Miles de cadáveres encheron valados e prados nunha maldade que durou 40 anos. Entre os superviventes da loita contra o franquismo resurde o inmortal camarada Xexús Alonso Montero, o intelectual, o orador, o sabio, o amigo dos amigos, o defensor da cultura. Se alguén é merecente do recoñecemento dun pobo é Xesús, é merecente de descansar no Panteón de Galegos Ilustres no convento de San Domingos de Bonaval.
Chove, as terras están asolagadas, o fascismo renace do odio, a mentira domina o linguaxe dos populistas, a violencia rexurde na soidade dos resentidos. Pero a pesar de todo o Sol segue brillando desde un ceo despexado.
Estou contento, un mito vela por Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CONTRACRÓNICA
El primer golpe lo da la UD Ourense
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 25 de mayo?