Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
A morte do papa Francisco abre moitos interrogantes para o futuro da Igrexa Católica. A súa estrutura piramidal de mando vive nun mundo lonxe das bases que son todos os crentes, e esa distancia impídelle conectar cunha sociedade viva que vai modelando cada pouco tempo a súa maneira de ver e de enfrontarse ós problemas que ten a humanidade. Esa realidade deixa ver unha igrexa que semella superada polo dinamismo dunha sociedade en continua evolución.
As relixións, e neste caso a católica, cos seus erros que non foron poucos, e tamén coas súas virtudes, actúa como unha guía espiritual e moral para millóns de persoas. Mais a evolución da sociedade cos seus avances e conflitos saca a luz as contradicións de todas as institucións, e a Igrexa non é allea a ese tema, pois como é sabido as relixións son moi lentas e contrarias a mover moitos postulados, aínda que a sociedade xa os ten aceptados e son seguidos pola maioría social que se define como cristiá.
Tamén inflúen neste tema os avances científicos e a situación política que acontece nos diferentes estados e nacións do mundo
Francisco no seu papado tentou mover a estrutura eclesiástica e modificar asuntos moi importantes dentro da institución. Buscaba unha igrexa que lle dera contestación a moitos retos sociais do tempo no que vivimos. E aínda que en moitos casos non o acadou, si que deixou a porta aberta a debates e problemas que o sucesor de Pedro terá que darlle resposta no futuro máis inmediato. Pois é sabido que todas as relixións, polo menos é o que predican, pretenden a felicidade da persoa mediante a forza espiritual e tentan darlle contestación ós problemas éticos e morais e incluso sociais que na sociedade existen. Mais cando a sociedade ve que a doutrina non responde ós retos do presente, as contrariedades afloran e a sociedade vai por un camiño e a relixión por outro distinto, ou esta queda moi descolocada. Tamén inflúen neste tema os avances científicos e a situación política que acontece nos diferentes estados e nacións do mundo. E isto lévanos a que cando a sociedade xa ten asimilados temas que afectan á moral e a ética, aparece a relixións sin dar un paso adiante e poñerse ó día nestes asuntos. Os tempos que corren, polo menos en accidente, para a relixión, aínda que non o pareza, son críticos. Pois son moitos os conceptos que a sociedade asumiu como normais, caso do divorcio, das relacións pre matrimoniais, o tema das leis que non obrigan como a morte asistida e o aborto, a superación do matrimonio relixioso como modelo pra crear unha familia, o tema da homosexualidade que é considerada por sectores moi conservadores como unha enfermidade, os diferentes modelos de familia, e podería seguir enumerando máis.
Noutro orde de cousas está o tema das guerras, entre elas o exterminio dos israelitas contra os palestinos, os problemas do medio natural, e as limitacións e normas a un capitalismo salvaxe. Polo outro lado está a aceptación dos curas casados, o celibato obrigatorio e o acceso das mulleres o sacerdocio. Son moitos os temas que a igrexa católica ten que afrontar si quere darlle respostas a todos estes asuntos. Pois os casos citados en occidente xa xon asumidos como normais dentro da sociedade, mentres dende a institución non teñen resposta ou son condenados de facto. Todas as igrexas ó longo da historia sufriron modificacións non seus postulados. Polo que hoxe, moita xente ve a relixión como algo anquilosado que segue con prédicas que teñen que ser revisadas pois resultan obsoletas, e xa din moi pouco. Moito ten que mudar á igrexa e mover ficha se quere seguir a ser un referente ético e moral para esta sociedade do século XXI. Polo que o vindeiro papa ou sigue o camiño de Francisco e afonda nel ou, polo menos en occidente, ten un futuro gris e triste.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Blas de Lezo
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinness que espera en Lugo
Lo último