Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El sonido del mar por ordenanza municipal
As multas de tráfico son castigos pecuniarios impostos por mor de certas infrauciós de alguna determinada lei. Pra que unha lei e maila cuantía das multas derivadas da súa infraución sexan xustas, deben gardar a debida proporción entre a infraución e o castigo, porque, si así non fora, crearíanse moitedume de agravios comparativos. A famosa "Lei do Talión", a de "ollo por ollo e dente por dente", era, conceptualmente, a máis ecuánime, pois castigaba o delito na mesma cuantía do daño feito. Ó que sacara o ollo doutro, ou lle cortase a mau, faciaselle a il o mesmo. O problema véu cando se principiou a cortar a mau por roubar unha carteira.
Aplicado ás multas de tráfico, pódese dicir que non soio aportan agravios comparativos dabondo sinon tamén abusos de autoridade. Por poñer un exemplo: un condutor que circula a 81 km/h nun tramo regulado a 70 é multado con 100 euros. Niste caso, rebasa nun 20% a velocidade permitida, cunha incidencia, grande ou pequena, sobor da seguridade dos outros automovilistas. Un condutor que non leva debidamente anclado o cinturón de seguridade é multado con 200 euros e retirada de tres puntos do seu carné. Iste condutor non atenta contra da seguridade de nadie, agás a súa propia, o cal constitúe non soio un agravio comparativo sinon tamén un abuso de autoridade, ó obrigalo a unha aución que debería ser do seu libre albedrío.
A todo isto hai que engadirlle a autuación dos, por outra banda, correutísimos axentes de Tráfico. Hai os que soio parecen coñecer a letra da lei, os intransixentes. Hai, tamén, os que saben que a lei, aparte da letra, tén un espírito e, ás veces, síntense máis inclinados á reconvención que ó castigo, mais vense forzados a facer a boleta, pola presión dos superiores na aplicación duns regulamentos que convirten a lei nun sistema recaudatorio abraiante. E nós con istes pelos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LA REVISTA
Francisco Castro, paixón Beatle
LA REVISTA
La playlist de... Francisco Castro
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Fin de semana de calor en Ourense: los termómetros subirán hasta los 36 grados