Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Día de San Patricio
Din, e parece que están no certo, que as orixes do Camiño de Santiago, como un Camiño de peregrinación, foron movidas por eremitas, persoas que vivían en lugares retirados, lonxe do ben e do mal. Precisamente, un destes, Paio, que vivía no bosque Libredón, onde se asentou a catedral e a cidade de Santiago de Compostela, foi o primeiro en descubrir o sepulcro do Apóstolo Santiago, sen saber por onde, nin de onde, nin quen o trouxera.
Paio, ao ver uns resplandores estraños cerca de onde estaba, foi correndo e morto de medo ver ao bispo Teodomiro de Iria Flavia, e os dous, con suficiente cortexo, volveron ao lugar onde refulxía e brillaba, con intensidade enunciativa, a vexetación boscosa. Así comeza unha historia que perdura nos séculos e que, aínda hoxe, posúe carácter misterioso e relixioso, pero tamén económico e cultural. O sepulcro que atoparon era de pedra e nel estaban tres corpos mortos.
Este feito vincula aos ermitáns e posteriormente aos monxes coas orixes do Camiño de Santiago ou dos Camiños, mellor dito, porque en Galicia cobren toda a nosa xeografía, dende o Norte, dende o Sur, dende o Este e o Oeste ata Santiago de Compostela. Un dos mosteiros emblemáticos nesto do mundo das peregrinacións é o de Samos, na provincia de Lugo, un Mosteiro beneditino con sona en toda a provincia, con recoñecemento en Pontevedra enteira e desde Tui; en toda Ourense, desde a Canda; na Coruña e fora de Galicia, no estranxeiro lonxano, do outro lado do Atlántico, en Europa, por suposto, e nos outros catro continentes.
Para dar conta deste feito, nunhas salas repintadas, xélidas e humedecidas do Mosteiro, loce a exposición, "Silencio. O monacato nas orixes do Camiño", na que se conta como foron os principios. As fotos de José R. Salgado, as cerámicas, as pezas pictóricas e escultóricas, restauradas pola Fundación Otilia Millares, así como os libros antigos acariñados polas mans do prior, José Luís Vélez, e o fondo dos discursos de José Mª García Palmeiro e Rafael Sánchez Bargiela, establecen entre si diálogos que afagan aos visitantes. Uns diálogos que parece que rompen o silencio, sen perder o respecto a unha tradición milenaria. Verdadeira comunicación e inmediato control, efectivamente!, nas orixes do Camiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Día de San Patricio
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Se cumplen 60 años del gran triunfo del teatro juvenil de Ourense con “Donadieu”
Jorge Ron
LA OPINIÓN
Pies en el suelo
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ganadores que han recibido castigo
Lo último
HOMICIDIO IMPRUDENTE
Un repartidor irá a juicio por un atropello mortal en Toén
APARCAMIENTO BAJO PRESIÓN
Doce nuevas plazas en O Couto en pleno déficit histórico de aparcamiento
Guerra de Afganistán
Pakistán mata a 400 personas en el bombardeo de un hospital en Kabul
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 17 de marzo?