Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
O neno tiña oito anos. Vivía na aldea cos avós, unha tía e tres irmáns, dúas nenas e un mozo.
O rapaz ía a escola onde o mestre, un vello republicano, salvara a vida grazas á amizade que tiña co párroco do pobo. O mestre intentaba todos os días conseguir a cuadratura do círculo: non cometer delitos e ensinar os pupilos a ter pensamento critico, sobre todo a amar a liberdade. Algo cada día máis difícil, por non dicir imposible. A realidade era que os discípulos desprezaban a ética como norma de comportamento social e que aprenderan a letra da canción “O noivo da morte” antes de comezar a entrar na aula.
Pasaron 32 anos. O vetusto réxime deu paso a unha incipiente democracia e o rapaz converteuse nun prestixioso letrado, coñecedor das obrigas que o capitalismo e o neoliberalismo ditan para manter as estruturas sociais e económicas como estaban no vello réxime, para o que é preciso que todo cambie cando realmente as cousas seguen igual.
Os ditames que intentan disfrazar un suborno castíganse ou absólvense dependendo do poder do emisor e do receptor. O delito fiscal é protexido cando interesa e perseguido cando tamén interesa.
A realidade é que sempre os poderosos controlaron que a ética non prexudicara os negocios das grandes fortunas, que unicamente servise como referencia ós virus que contaminan os pobos e perturban a saúde dos máis débiles. Para conseguilo, invertíanse grandes cantidades en armamento e participaba na repartición un reducido círculo de influentes lacaios.
É tal a versatilidade das estruturas do capitalismo que a corrupción é aplicable como mérito ou punible como demérito. Os ditames que intentan disfrazar un suborno castíganse ou absólvense dependendo do poder do emisor e do receptor. O delito fiscal é protexido cando interesa e perseguido cando tamén interesa.
O sistema rebenta cando os que protexen a “pseudodemocracia” quedan espidos perdendo a credibilidade ante o pobo. En España, o caso máis escandaloso foi a manifestación dos maxistrados do Tribunal Supremo en contra do proxecto de lei de amnistía que estaba en proceso de aprobación no Congreso.
Sen embargo, a corrupción económica é un mal menor na perversa civilización da humanidade. Se o comparamos con outros males, preguntámonos: como é posible que un só individuo posúa riqueza equivalente o 43% da poboación mundial? Como é posible que os países mas progresistas, democráticos, libres e cristiáns permitan as matanzas de inocentes vítimas dun asasino de masas, que dirixe a nación de Israel?
Conclusións: o fracaso da educación en valores é o fracaso da ética e o triunfo capitalismo, que asiste, como Pilatos, a execución da sentencia do Sanedrín.
A cuadratura do circulo é, simplemente , unha metáfora.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último