No pasamento de Xosé Manuel Beiras Torrado

Publicado: 10 oct 2026 - 05:55
Adeus a Beiras no Museo do Pobo Galego: política, cultura e universidade despiden a "un compostelán universal"
Adeus a Beiras no Museo do Pobo Galego: política, cultura e universidade despiden a "un compostelán universal" | Europa Press

Hoxe, todos os homes e mulleres desta bendita Terra chamada Galicia choramos a morte do noso irmán Xosé Manuel Beiras, sen dúbida está xa a beira dos nosos devanceiros máis ilustres, aqueles que como deixou escrito o presidente Castelao no discurso que deu o 25 de xullo de 1948, Día de Galicia, no teatro do Cento Galego da cidade de Buenos Aires, baixo o título “Alba de Gloria”: “Forman a Santa Compaña de inmortais galegos, que se perde na espesura dunha fraga de lonxe. Con esa mesma imaxinación veremos xurdir do humus da terra-nai, da terra da nosa Terra, saturada de cinzas humanas, unha infinda multitude de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substrato insubornábel da patria galega.”.

Sen dúbida ningunha, Xosé Manuel Beiras forma parte xa e brila con luz propia á beira de eses seres “bos e xenerosos” que pasan por esta vida terreal facendo posible unha Galicia máis nosa. Deixounos unha das mentes máis lúcidas da Galicia contemporánea, comprometida con este país e cos nosos valores patrios.

Por todo elo, os galeguistas do PG, e eu no seu nome, queremos trasladarlle a toda a familia o noso sentido pesar polo seu pasamento ao tempo que o noso profundo agarimo.

Que a terra lle sexa leve.

Saúde e Terra por sempre!

Contenido patrocinado

stats