Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Este ano 2025 estamos disfrutando do VI Foro Carlos Velo organizado pola Fundación que leva o mesmo nome do fabuloso e inolvidabel cineasta galego exiliado en México. Aínda que cada vez é máis coñecido entre a xente nova, Carlos Velo é un Puzo sen fondo de onde poderemos aprender sempre. Ademáis neste Foro, Carlos Velo fala da súa obra cunha obxetividade que sorprende. Dos éxitos e dos tropezos, dos amigos e das tradicións, da sociedade e da súa realidade proxectada no tempo. Cun grado de xenerosidade difícil de cuantificar, os seus comentarios sobre os seus films poñen en valor as vidas das persoas sen ocultar a ideoloxía que lle obrigou a deixar a súa terra.
Un exemplo é cando conta que a súa formación no Instituto Libre da Ensinanza estaba afastada, entre outros temas, de conversas sobre o mundo dos toros. Carlos Velo, xa exiliado, coñece a vida dun torero, Luis Procuna, e anteponse a calquera prexuízo para contar nun documental a carreira vital deste home. Estou case seguro que pensou “hai que contar a vida deste torero” Dirixiuno en 1956 e segue a ser o mellor film deste xénero. Un referente para os cineastas mexicanos e os de todo o mundo.
Pero neste Foro, Carlos Velo non deixa de falar: dos centros de produción de cortametraxe que promoveu e dirixiu, dos amigos como Luís Buñuel e tamén das malas experiencias coa crítica co film ”Pedro Páramo”. Con todo, quero destacar un relato da cortametraxe que estaba fora de programa, titulada: El Tuerto. Dirixido por Benito Alazraki, forma parte de “Raíces”, do que neste caso Carlos Velo é o guinista. A historia é tan cruel como posibel. O papel da educación das familias e a realidade social está moi presente neste pequeno film e non deixa a ninguén sen motivo para pensar nunha dimensión inmanente e transcendente ao mesmo tempo. A película reflicte a miseria espiritual e o acoso ao que os máis débiles estaban e continúan a ser sometidos. Ambientada na península do Yucatán o protagonista é un deses nenos maltratados polos compañeiros; por ser torto dun ollo. Os nenos mallan nel e chámanlle: torto, torto.
A súa nai ten que fazer algo e lévao xunto a un curandeiro, que lle dá unhas follas para pór no ollo. O neno acredita na súa nai e a nai acredita no farsante que lle leva o pouco diñeiro que ten. De volta á escola, o neno cre que sanou e volven fazer burla del regresando para a casa cheo de golpes. O film remata cando nunha procesión dos reis magos o neno ofrécese para poder curar. Esa fe era cega e fundamentada nunhas imáxenes sen poder de sanación e nun accidente cuns foguetes o neno perde o único ollo polo que podía ver. Esa fe cega e sen fundamento vence o verdadeiro problema oculto: o acoso dos demais. Tanto a nai como o neno están convencidos de que se produciu unha milagre sen precedentes. Ninguén vai acosar a un cego. O problema estaba solucionado! Na actualidade toda a sociedade ten que loitar contra os enganos das redes sociais, e os acosadores procuran pasar sen ser identificados. Esto fai que ás vítimas estén moito máis expostas a sofrir sen saber como poder defenderse. Carlos Velo quixo mostrarnos un problema que sigue sen unha solución trivial. Pero moito peor sería mirar para outro lado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Blas de Lezo
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinness que espera en Lugo
Lo último
REUNIÓN EN WASHINGTON
Estados Unidos y Nueva Zelanda estrechan su colaboración en minerales estratégicos
INCIDENCIAS EN EL TRÁFICO
Árbol caído bloquea la N-120 y complica la circulación en Ourense