Ricardo Tena
Acostumbrados a presumir
Ser un agoiro é, na fala popular, emitir un vaticinio negativo. “Non sexas agoiro”, dicíase cando un se interrogaba sobre a posibilidade de que sucedese algo malo. Se un dixese, por exemplo: “Non sei se virá unha treboada, caerá pedra e estragará o viño”... a resposta natural de calquera interlocutor galaicopensante sería a de: “Non sexas agoiro! Déixate diso!”. Pois ben, eu sen querer ser agoiro, gustaríame exporlles unha dúbida dubidosa que ten que ver co covid-19.
Estamos todos ilusionados coas vacinas que nos poñen, e queremos recuncar na mesma, por que non nos gustan as mesturas... estamos desexando deixar a mascara e falamos do pouco que se transmite xa, e a súa desaparición das residencias de anciáns. A verdade é que existe un estado de euforia contida que nos fai albiscar a derrota do virus a curto prazo, xa para o verán. Por iso, en Vigo, só se presentaron o 9% cos convocados a un “cribado masivo” aí atrás. E eu, escéptico, con certa prevención a toda gran definición definitiva positiva ou negativa radical, pregúntome se non estaremos tamén ante un estadio de retroceso como o vivido o ano pasado nesta mesma época do ano.
Si. Daquela aproximábase o verán e dicíase que coas temperaturas altas, o virus ía retroceder. E retrocedeu. Sen dúbida as medidas de profilaxe contribuíron daquela a baixada espectacular de contaxios e enfermos, antes da que deu en chamar “segunda onda” do outono. Naqueles meses, como sabemos, aínda non existía vacina ningunha e os índices de inmunizacións naturais era baixísimo, polo que o freo dos contaxios non parece razoable máis que atribuíllo a dúas causas: as medidas de distanciamento social e a evolución propia e natural do virus. E repasando a historia, vemos que na gripe de 1918 houbo tamén ondas sen que houbese vacinas nin nada parecido. E agora? Nestes momentos de baixada do virus ata a feliz nova de ter pouquísimos ingresados nos centros hospitalarios de Ourense, estamos ante a eficacia das vacinas, o distanciamento social ou a evolución natural do virus? Lóxico parece pensar nas tres causas xuntas. Incluída a terceira. A pregunta queda un pouco no aire ata despois do verán. Non caso de haber nova onda poderáselle botar a culpa de novo á “relaxación de medidas” e empezará de novo o monótono “xa o dicía eu”. E a min, que non entendo nada tampouco disto, quédame a dúbida de se igual que para a gripe hai que facer vacinas anuais, para o covid haberá tamén que redeseñalas ano a ano, pois obviamente non será erradicado o bichoco de todo ao quedaren inmensos reservoiros que atinxen continentes enteiros. Realmente todo o planeta fóra o primeiro mundo. E todo por aí, África, América, Asia, seguirá o seu camiño de mutacións, nas que por cálculo de probabilidades, unhas serán máis benignas e outras máis malignas; unhas esparexeranse mellor e outras peor.
En fin, teño a sospeita de que ninguén sabe de todo o que vai pasar. Creo que hai que protexerse, hai que vacinarse, ter coidado, pero sen soñar cunha desaparición absoluta e radical. Non, non imos espertar en ningún momento próximo de meses ou incluso anos, como se fose dun pesadelo superado, e velo desaparecer dos noticieiros do mundo. Os cambios normalmente veñen para quedar. E algúns como a distancia e a máscara serán recorrentes. E conste, por suposto, que nunca escribín un artigo no que me gustaría tanto non ter nada nada de razón. Lembremos a Rosalía: “Moita luz deslumbra os ollos e causa inquietude o moito desexar”. Desexemos “ir indo”, que pouco non é.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ricardo Tena
Acostumbrados a presumir
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Por ellas
BITÁCORA DE CAMPAÑA - DÍA 10
Comienza la cuenta atrás
Carmen Tomás
El traje fue lo de menos
Lo último
SOLO 2 COLOCAN AL PSOE PRIMERO
El apagón demoscópico arranca con PP y Vox por encima de la mayoría absoluta en todos los sondeos
MITIN NO PAVILLÓN DOS REMEDIOS
Ana Pontón pide "máis voz firme para Ourense": “Temos o escano xa na punta dos dedos”