Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Todos os días son bos para celebrar o día do libro. Cada ano aparecen as lembranzas doutros amigos que amaban os libros e souberon transmitirnos esa afición pola lectura. Aínda que algúns xa non están, quedan eses libros que compartimos e eses tempos de debate arredor dalgún libro. Do mesmo xeito, as bibliotecas xestionadas pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP teñen moitas iniciativas que están funcionando con eficacia. Estou a falar de PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares en centros públicos non universitarios) que inclúe a Radio na Biblio, a Biblioteca Creativa, Lectura e Familias, Clubes de Lectura, Bibliotecas Escolares Solidarias, Concursos de Traballo por Proxectos 2024/25 e Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. A dinámica das bibliotecas son a semente de novos lectores e amantes dos libros. Eses que a pesar de que ocupan espazo nas casas e compiten coas novas tecnoloxías, permanecen no tempo e resístense a desaparecer.
As posibilidades que nos dán os libros, incluíndo os que estén en formato dixital, ultrapasan as sensacións que nos poidan aportar as realidades virtuales; porque os libros están cheos de poesía, de teatro e de imáxenes que dan vida aos nosos sentidos
Por todo esto, neste ano quixen preguntar a un grupo de nenas e nenos de segundo de primaria, que pensaban eles dos libros. Ante a pregunta, que cousas hai nos libros? As respostas foron espontáneas e sinceiras. Abundaron os que falan de historias fantásticas e de aventuras. Algo parecido aos títulos máis vendidos entre os adultos. Pero os nenos abundaron moito máis no conceito de novos mundos. Os mundos cheos de letras e felicidade, de risa e tristeza de diversión e entretenimento, de alegria e de amor. Ese amor que escasea en moitas casas, algúns son capaces de topalos nos libros. Ou esa alegría que nos transmiten os libros e que sen ela, sempre sería complicado vivir. Observo algún comentario sobre a tristeza porque nalgunha desas historias os persoaxes quedan sós e outros que queren, deixan de existir. Os máis curiosos topan nos libros un “mundo de aprendizaxe impresionante”, e un deles cóntame do pacto que ten na súa casa: ler un pouco todos os días por ter un pouco de diversión. Os nenos e as nenas falan do que se lles pregunta e ao mesmo tempo que escoitamos o Mikrokosmos de Béla Bartók, siguen imaxinando a vida noutros planetas, intentando encherse daquelo que botan en falta. Logo cantan as súas cantigas, e ilustran as letras cos seus debuxos, porque tamén existen libros musicais que eles coñecen.
A afición pola lectura é complementaria ao ansia de saber, disfrutar e descubrir cousas e espacios. As posibilidades que nos dán os libros, incluíndo os que estén en formato dixital, ultrapasan as sensacións que nos poidan aportar as realidades virtuales; porque os libros están cheos de poesía, de teatro e de imáxenes que dan vida aos nosos sentidos. E todo o que nos den feito supón un estrés transitorio, que pode permanecer no tempo. Os nenos están necesitados de tocar as cousas, pero os adultos tamén. Por iso, estes días de lectura e celebracións sobre o libro, a proposta é deixar o teléfono móvil na casa. Ou se iso fose outra historia para unha novela, levalo en “modo avión” e contestar as mensaxes ao finalizar o día. Penso que as novas tecnoloxías non deberan privarnos de seguir facendo libros en papel, nen de disfrutar dun tempo e dun espazo libre de ruido e das prisas de todos os días. Estou a falar das bibliotecas; lugares, no que os máis novos disfrutan sen deixar de xogar coa imaxinación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 20 de diciembre, en Ourense
TRES GRANDES PROYECTOS
Los principales objetivos de la Fundación San Rosendo para el 2026, obras y proyectos