Julián Pardinas Sanz
La lucha contra el narcotráfico no perdona la tibieza
DIARIO LEGAL
A xubilación flexible é a opción de combinar a percepción dunha pensión contributiva de xubilación —unha vez xubilado— cun emprego a tempo parcial. O Goberno está a substituír o anterior Real Decreto 1132/2002 por unha nova normativa para fomentar esta modalidade: o Real Decreto 416/2026, do 27 de maio, con entrada en vigor o 28 de agosto de 2026.
A xubilación flexible permite compatibilizar a percepción dunha prestación (aínda que non íntegramente) co desempeño dun traballo remunerado. Non obstante, a diferenza da xubilación activa e da xubilación parcial —que regulan situacións previas á xubilación plena—, a xubilación flexible está destinada exclusivamente a aquelas persoas que xa comezaron a cobrar unha pensión de xubilación contributiva pero que desexan volver a traballar durante unhas horas.
É unha opción que ata agora non era moi usada, polo que a nova lexislación, pretende potenciar o uso desta modalidade.
Para poder optar a ela, é necesario cumprir unha serie de requisitos que a continuación analizaremos: en primeiro lugar, debe comunicarse á Seguridade Social de maneira previa (e non cando xa se iniciou) a intención de desempeñar actividade laboral estando en situación de xubilación. Ata o de agora, a modalidade de xubilación flexible contemplaba a posibilidade de compatibilizar a prestación cun traballo por conta allea, sen embargo a nova norma, permite facelo tamén por conta propia, isto é, como autónomos, coa salvedade de que non puideron ser autónomos nos últimos tres anos inmediatamente anteriores a producirse o feito causante da xubilación.
En segundo lugar e, respecto á xornada, o autónomo ten liberdade, sen embargo a persoa contratada por conta allea, debe ter unha xornada de entre o 33% e 80% en relación á xornada dun traballador a tempo completo. A nova norma contempla unha modificación respecto ao porcentaxe de xornada toda vez que a normativa antiga establece que a xornada debía estar entre un 50-70%.
Respecto ás cantidades que se perciben, depende de si o emprego é por conta propia ou por conta allea. En todo caso, os traballadores por conta propia só teñen dereito ao 25 % da súa pensión, independentemente das horas que dediquen ao seu novo traballo. Cómpre salientar que os horarios dos profesionais independentes veñen determinados pola forma en que organizan o seu propio tempo; en contraposición, as persoas contratadas baixo esta modalidade verán reducida a súa pensión en proporción inversa á redución da xornada laboral. Noutras palabras, se se traballa, por exemplo, o 60 % dunha xornada completa, percíbese o 40 % da prestación de xubilación correspondente [60 + 40 = 100]. E, dado que isto sucede tras acceder á xubilación —tendo en conta que a xubilación flexible só pode solicitala quen xa se xubilou—, implica renunciar a unha parte da pensión e “substituír” esa contía polo salario dun traballo a tempo parcial.
Outra das modificacións que contempla a norma é o caso de que a xubilación flexible comece seis meses (como mínimo) despois de que a persoa se xubilase: cando a xornada laboral sexa igual ou superior ao 55 %, o importe da pensión incrementarase nun 25 % adicional e se é inferior ao 55%, o aumento será do 15%. Respecto aos complementos, conservarase o complemento pola brecha de xénero —ou o complemento de maternidade, se a xubilación foi anterior—, pero perderase o complemento para alcanzar a pensión mínima.
Unha vez que finaliza a relación laboral ou a actividade por conta propia, restablécese a percepción íntegra da pensión de xubilación. Isto serve como garantía de “seguridade” para a persoa. Mentres tanto, ese período tería proporcionado a oportunidade de obter ingresos adicionais —a pesar da redución da pensión— e de experimentar de novo o que supón estar activo no mercado laboral. É unha opción ideal para aquelas persoas que botan de menos o traballo tras xubilarse, ata o punto de que iso lles afecta psicoloxicamente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
250 VIAJES DE CAMIÓN
El desescombro tras la riada en A Bouza concluye este miércoles
MI PLAN PERFECTO
El placer veraniego de ir a ningún sitio
PRESIÓN FISCAL
España, entre los territorios con peor sistema tributario