José Luis Fernández Carnicero
Novos tempos para o ensino
Como todos vostedes xa saben, o informe PISA sae á luz cada tres anos. Nese tempo non hai nada que analizar, nen invertir en educación nen nada de nada. Só hai que esperar que chegue o informe de máis de 300 páxinas, en inglés e saber interpretalo. Así este ano 2026, coñecemos os resultados dos datos recollidos en 2025 que se refiren a tres grandes bloques: 1. A preparación dos estudantes para o futuro;2. A conexión dos estudantes coa lingua inglesa; 3. A eficacia no mundo dixital. Até aquí todo ben. O problema aparece cando se fan comparacións segundo a economía da cada país e se empregan eses criterios para buscar o promedio da OCDE. Que é un organismo que busca unha rentabilidade económica ante calquera outra cousa. O aue pasa é que os criterios pedagóxicos sempre deberan atender ao desenvolvemento integral do alumnado. Para que calquera persoa poida entendelo direi que os que son bos alumnos, seguen adiante eles sós. O problema está en atender os que precisan de axuda, para formar unha sociedade plural, iso si, evitando que as diferenzas que marcan a cada ser humano segundo, o seu poder adquisitivo, capacidade ou ideoloxía, sexan un obstáculo. E a clave de todo está nas carencias que teñen os modelos de sempre, aplicados a unha sociedade en cambios continuos.
Con todo, segue a ser unha axuda importante ante tanta marabunta lexislativa, ciscada polos Boletíns Oficiais ao longo dos anos.
A Consellería de Educación da Galiza gábase de ter asinados cos sindicatos uns acordos que melloran a cualidade do ensino, pero as medidas que se acordan non chegan para atender as necesidades de cada día. De pouco vale que contraten a 900 novos docentes se cada ano cambian de centro e non hai un seguiento dese alumnado con capacidades diversas. Os docentes de Audición e Linguaxe e de Pedagoxía Terapéutica chegan aos centros cando xa están feitos os grupos, os horarios e as programacións. Por iso, os programas educativos deberan ser máis ambiciosos, buscando a excelencia e a atención personalizada, cando sexa necesario, e non na procura dunhas cifras altas no Informe do programa para a avaliación internacional dos estudantes (PISA). A razón é que estes resultados mellores ou peores, non vai ser un indicador do fracaso escolar, nen un índice que mida a convivencia nos centros de secundaria, por citar algún exemplo en concreto.
Se a Comunidade Educativa lograra articular un diálogo con calquera das Administracións competentes, xa habería moitos anos que a Lei Orgánica de Educación sería un marco a seguir e non unha imposición lexislativa segundo o goberno de turno. Existiría un Estatuto da función docente, un Pacto de Estado pola Educación e un novo Corpo de Inspectores que se implicarían nos equipos do Orientación dos centros de cada Comarca. Desta forma mudarían as súas funcións como acontecera na II República. O inspector chegou a ser naquela altura, unha figura fundamental para axudar aos mestres nas novas técnicas de ensino, na formación continua do profesorado e na planificacion das novas escolas. Hoxe sufren a ambiguedade de moitas leis, decretos e ordes e fan un traballo burocrático que lles obriga a tomar decisións complexas. Con todo, segue a ser unha axuda importante ante tanta marabunta lexislativa, ciscada polos Boletíns Oficiais ao longo dos anos.
A educación é un arma política que nunca debera ser empregada para atacar a ninguén. A sociedade xa está farta da Intelixencia Artificial, e aínda non chegou. Dos computadores e dos smartphones, e xa dedicamos máis tempo a fozar neles que a ler un libro. Por iso non podemos esquecernos de ler, pensar e decidir. Non sexa que pensen por nós, decidan por nós e nos priven dos libros e do coñecemento, iso si, sempre, polo noso ben.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José Luis Fernández Carnicero
Novos tempos para o ensino
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Morrer antes de caer
Alfredo Conde
A TRIRITA
Os donos dos ríos e os ladróns das augas
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Un reflejo de la sociedad
Lo último
POLÉMICA POR EL TRANSPORTE
El bus metropolitano de Ourense, aún en el aire y sin consenso
460 HECTÁREAS CALCINADAS
Drones investigan el origen del incendio forestal en Calvos de Randín
DE NUEVO, LOCALES
El Ribeiro repite en casa ante el Novás