Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Nunha feira calquera
TÍA MANUELA
En lembranza da calor destes días, vamos seguir dándolle voltas aos cambios meteorolóxicos, dos que xa se ten falado, debatido e opinado en miles de ocasións distintas. Antes era moi frecuente falar do tempo nas tabernas, nos bares da esquina, ao saír do traballo, da biblioteca ou do Instituto Meteorolóxico. Agora non, non se fala do tempo. A xente fala do aire acondicionado, das aplicacións do aire á industria, da aerotecnia e das distintas formas de refrixeración, entre elas, a que se fai por absorción.
Estamos en tempos de falar e de pensar. Hai que pensar e axudarlles aos pensadores e científicos a pescudar o que pasa e cales son as causa do que pasa. Vostede, sabeo? Seguramente moitos e moitas das persoas que andan polo mundo andando intúen ou saben certamente o que pasa. O desdén e, posiblemente, a pouca información deixan á poboación desvalida, en situacións límites e de escurantismo, cun mundo negro, aínda que poderá converterse en branco e espléndido.
A calor abafa, afoga e asfixia as ideas, os corazón e pulmóns dos que se resisten. E moito máis, naqueles lugares onde non hai costume de estar parados ao sol matinal, da mediodía, da tarde e do empardecer.
Os informes de universidades, e centros reputados de investigación, indican que algo está cambiando e que as ciencias atmosféricas están pedindo atención. Pois, a sociedade científica, á marxe de calquera especulación, debe por as mans e o coñecemento na obra e explicarlle ao mundo se está pasando algo ou se, pola contra, estamos nunha situación normal, aos corenta grados.
Os incendios, e enormes masas forestais desatendidas, non lles deixan aos nosos paisanos predicir o tempo dende o corredor. Pouco queda da riqueza que tivemos. Pero, aínda así, cómpre respectala. Fluxento de Lamarredona segue mirando por onde pode e engánase poucas veces co tempo de mañá.
Volverá chover miudiño. Choverá a destempo, novamente, e a festa cambiará de barrio, de palco e de música, pero a mocidade seguirá bailando ao agarrado. Mentres tanto, os sociólogos, estudosos dos movemento costumistas, os musicólogos e, moi especialmente, os etnógrafos e antropólogos, farán versións garantidas pola ciencia e irán polo mundo divulgando e cantando os seu saberes. Como dia a Tía Manuela, “tamén o facían os cegos, nunha feira calquera”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Nunha feira calquera
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
En sentido figurado
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Paisaje excepcional
Eduardo Medrano
Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Lo último
RECONSTRUCCION SOLIDARIA
Astorga reúne fondos para los templos quemados en O Barco
La Región
Fuego: devastación y desazón
MEJORA DE LAS INFRAESTRUCTURAS
Viana mejora la accesibilidad y los servicios del cementerio
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 29 de julio