Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Comezarei esta semana outra vez pola etimoloxía. “Chalé” é unha palabra orixinaria da Romandía Suíza, dun prerromano *cala ‘lugar de abrigo’, o mesmo que está detrás do galego “cala” ‘pequena enseada’, con igual forma no portugués, no castelán, no catalán e no italiano, e coa de “cale” en francés. Na Romandía, un chalé era antigamente a cabana de pedra ou de madeira, situada na montaña, a onde se mudaban os vaqueiros no verán, para ocuparse do gando e facer queixos. Desde aí foi evolucionando o seu significado ata o principal actual: ‘casa unifamiliar de unha ou varias plantas cun terreo circundante dedicado a xardín’. En castelán a palabra rexístrase desde mediados do XIX, e desde aí pasou ó galego.
A finais do XIX ter un chalé na montaña, na praia ou na mesma cidade, era unha sinal de poderío económico, dado que as clases populares rurais non podían aspirar a soster dúas vivendas, e as urbanas bo era se atopaban un teito baixo o que acubillarse. Castelao queixábase deste xeito en 1919: «A min faime choutar de carraxe ese andazo do chamado “chalet”, onde viven os nosos homes de diñeiro ... ¡A tales casas tales homes!»; pero o obxectivo principal do escrito era a denuncia dun estilo arquitectónico totalmente alleo ó tradicional de Galicia. Porque Castelao tiña moi claro que dispor dunha casa cun terreíño, lonxe de ser un luxo era unha aspiración lexítima da xente: «Todo galego quer unha casa de seu, independente, con catro fachadas e asentada nun outeiro».
Aínda así, a denominación de “chalé” non se fixo habitual ata os anos 60, en paralelo co incipiente desenvolvemento económico. Basta ver como nas construcións anteriores dese tipo o normal é atopar na porta o nome de “vila” e non o de “chalé”. Foi a partir desa época cando Galicia se comezou a encher de chalés, especialmente nas franxa costeira, pero tamén en lugares do interior especialmente favorecidos polos cartos da emigración, con casos paradigmáticos coma os do Carballiño, Beariz ou Avión. Pero agora hai magníficos chalés por todo o país. Poderá discutirse o gusto dalgúns deles ou a organización do territorio onde se asentan, pero se algo non falta en Galicia son chalés. E, evidentemente, os donos non son sempre millonarios: ó contrario, hai familias galegas moi humildes que teñen casas excelentes: porque souberon medirse e aforrar para elas.
Pero do chalé que agora falan todos –especialmente os que deberían estar calados- é do de Pablo Iglesias e Irene Montero na Serra de Madrid. E a min lémbrame un caso que se contaba por Bergantiños nos primeiros oitenta. Sucedera que nas municipais do 79 presentárase á alcaldía de Malpica polo PCE un médico que exercía na vila. Un día que estaba o médico cun grupo de amigos beneficiándose dunha gran mariscada no restaurante “O Burato”, o mellor de Malpica daquela, entraron uns paisanos a tomar un vaso e pronto comezaron a murmurar: “Moito comunismo e moito falar dos pobres e mira como se poñen!”. O médico, que os coñecía, levantouse e faloulles deste xeito: “Coidadiño, non vos equivoquedes: eu preséntome polos comunistas para que todos poidades comer marisco coma min, pero non para deixar de comelo eu!”. E aí acababa o conto. Pero claro, Iglesias e Montero xa fixeran a promesa firme de repudiar o marisco antes de probado... Típico dos rapaces!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Iván González Decabo
DIARIO LEGAL
El Supremo pone en la diana al préstamo familiar
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Locus amoenus, narrativa local trufada de literatura para una muestra de historia personal
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
El experimento de Minnesota
Lo último
sudeste asiático
Tailandia y Camboya retomarán el miércoles las conversaciones de paz
Tras Fukushima
Japón reactivará la central nuclear más grande del mundo
guerra en Ucrania
Rusia estira las negociaciones de paz: "Los progresos son lentos"
TRAS LOS RESULTADOS EN LAS ELECCIONES
Dimite Gallardo, secretario general del PSOE de Extremadura, y una gestora se hará cargo hasta el próximo congreso